InicioSUCESOSInvestigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas...

Investigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas co “timo do sicario”

Publicada o

Por editor

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Mamol Tenerife’, detivo e investigou a 19 persoas, residentes na provincia da Coruña e pertencentes a unha organización criminal que extorsionaba ás súas vítimas tras acceder estas a páxinas en internet de contido para adultos.

Segundo explican nun comunicardo, os axentes localizaron a máis de 300 persoas prexudicadas, ás que se estafou un total de 500.000 euros. A investigación iniciouse fai máis dun ano tras as denuncias presentadas polas vítimas en dependencias da Garda Civil da illa de Tenerife.

Segundo estas denuncias, as vítimas comezaron a recibir graves ameazas por mensaxería móbil, despois de introducir o seu número de teléfono e outros datos persoais en páxinas para adultos. Ditas ameazas ían acompañadas de vídeos que mostraban agresións físicas a terceiros e onde os extorsionadores exhibían armas de fogo e esixían pagos de diñeiro como condición para que as vítimas non sufrisen agresións similares.

Tal e como detalla a Garda Civil, esta práctica é coñecida como o timo do sicario. Por medio dela, os delincuentes introducen anuncios falsos en páxinas web dedicadas a ofrecer servizos para adultos de modo que, unha vez que a vítima os contrata, comeza a recibir ameazas por parte dun suposto sicario no caso de que non paguen unha determinada suma.

Por temor ás devanditas ameazas, en ocasións as vítimas acceden a pagar, aínda que os estafadores poden seguir coas súas coaccións e esixir máis diñeiro. Grazas a diversas análises informáticas e de documentos, terminais e liñas, os investigadores pescudaron que os extorsionadores realizaran máis de 370 actuacións delituosas con ese modus operandi, estafando 500.000 euros e enviando 180.000 euros a República Dominicana a través de diversas empresas.

A autoridade xudicial competente decretou o ingreso en prisión provisional de tres dos detidos. A operación foi desenvolvida polos Equipos de Investigación de Delitos Informáticos e Tecnolóxicos (EDITE) das Unidades Orgánicas de Policía Xudicial de Santa Cruz de Tenerife e A Coruña, sendo coordinada polo Xulgado de Instrución nº 3 da Coruña e a Delegación de Delitos Informáticos da Fiscalía Provincial.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

O Concello da Coruña presentou onte as propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos 2026, un...

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here