InicioBARRIOSArrincan as obras de humanización da rolda peonil da rúa Sagrada Familia

Arrincan as obras de humanización da rolda peonil da rúa Sagrada Familia

Publicada o

Por editor

Hoxe luns, día 17, arrincarán as obras correspondentes á primeira fase da humanización da rúa Sagrada Familia, unha intervención coa que o Concello dá continuidade ao plan de ampliación da Rolda Peonil, que estenderá o seu percorrido rumbo á Agra do Orzán.

Os traballos de reurbanización levaranse a cabo no treito comprendido entre as rúas A Nosa Señora da Luz e San Xaime, unha superficie de 1.640 metros cadrados onde se remodelarán os espazos públicos, transformaranse a calzada e as beirarrúas actuais para configurar, finalmente, unha plataforma única onde haberá prioridade peonil e se manterá o acceso aos vehículos autorizados e de persoas residentes.

En total, o Concello destina 673.000 euros a esta intervención, que executará a UTE Jardinería Arce – Manuel Rivas Boquete nun prazo aproximado de 7 meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para desenvolver os traballos.
Os preparativos de cara á posta en marcha das obras comezaron este venres, co  alizamento das zonas de intervención e o marcado de servizos, tarefas que son habituais nos días previos á execución deste tipo de actuacións.

Redistribución do tráfico rodado nas rúas interiores do barrio

Ante o inicio das obras, o Concello definiu o dispositivo especial de redistribución do tráfico rodado nas rúas interiores do barrio da Sagrada Familia.
A posta en marcha deste dispositivo de mobilidade afectará, en liñas xerais, ás rúas Fe e Alberto Datas Panero, onde se sinalizarán cambios de sentido para facilitar o paso de vehículos. Estas variacións, visibles na infografía adxunta, manteranse cando rematen as melloras.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here