InicioA CORUÑAA modificación da ordenanza de lixo, a exposición pública

A modificación da ordenanza de lixo, a exposición pública

Publicada o

Por europapress

Novo proxecto participativo o que abre o Concello da Coruña, o cuarto en apenas 3 días, despois da xuntanzas de convivencia co sector hostaleiro e veciñal,  o proceso participativo da Comisión Coruña Marítima, e os Encontros de Barrio para determinar as necesidades do transporte urbano. 

Desta volta, o concello someterá dende este venres a exposición pública a modificación da ordenanza do lixo, co obxectivo de axustala á normativa estatal, “unha medida fundamental para adecuarse ás directrices ambientais establecidas pola Unión Europea”, informa.
Porque na nosa cidade botamos o lixo de xeito diferente que no resto do país. Mentres no resto do país tiran a fracción resto (o que non é orgánico, nin envases, nin papel, nin vidro) ao contedor verde, na nosa cidade facémolo no amarelo. De aí vén a estrana polémica coa Xunta pola non instalación do contedor marrón da quinta fracción, algo que na Coruña xa temos dende a creació de Nostián.

Para adecuar a normativa, e mentres se renova o expirado contrato do servizo de recollida do lixo, a cidadanía, as entidades e organizacións interesadas poderemos participar e facer as nosas achegas, remitíndoas a través do formulario web aberto dende este venres, día 21, na páxina web do Concello.

Será precisamente este venres cando comezará un prazo de 20 días hábiles — do 21 de marzo ao 21 de abril, ambos os incluídos — para recoller as achegas, que se terán en conta de face á definición do proxecto da ordenanza con vistas á súa aprobación posterior.

Con esta medida, o Concello busca “dar continuidade aos procesos de participación cidadá para actualizar a normativa vixente neste campo, tendo en conta a importancia de avanzar no cumprimento das pautas comunitarias en materia de separación en orixe dos residuos, a súa recollida posterior, os procesos de reciclaxe e tamén no referente á promoción dos hábitos de economía circular a nivel social”.

Máis novas

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

A Xunta advirte ao Concello da Coruña de sancións se non instala o quinto colector

 

 

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...