InicioDEPORTESEscalada solidaria en Riazor

Escalada solidaria en Riazor

Publicada o

Por editor

O vindeiro sábado 5 de abril, o rocódromo municipal de Riazor acollerá unha cita moi especial: O open de escalada solidaria Kubukami, unha cita organizada Agrupación de Montañeros Independientes (AMI) e a oenegué Kubuka co obxectivo de recadar fondos para axudar a sufragar proxectos deportivos en Kenya e Zambia.

O open solidario Kubukami non é unha competición oficial, senón un evento por unha boa causa no que persoas de todas as idades poderán participar nunha xornada deportiva no rocódromo, con probas na modalidade de escalada en bloque. Ademais, durante o día tamén haberá sorteos de agasallos entre as persoas asistentes.

Todas as persoas asistentes poderán probar o muro de escalada dando unha pequena doazón. O recadado ao longo da xornada irá destinado a un dos proxectos deportivos que está a desenvolver Kubuka en África, onde un dos seus grandes retos é acadar vías para financiar os desprazamentos en autobús dos 200 nenos e nenas inscritos en competicións
deportivas, para que así poidan viaxar aos lugares onde se realizan as probas, contribuíndo a facerlles ver outras realidades que tamén lles abran novas oportunidades e perspectivas de futuro.

Open Escalada Solidaria Kubukami+

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here