InicioCULTURARendrum Teatro estreará no Colón a obra que levou o Premio Rafael...

Rendrum Teatro estreará no Colón a obra que levou o Premio Rafael Dieste de textos teatrais

Publicada o

Por editor

Redrum Teatro estrea o vindeiro 23 de maio no Teatro Colón Sophie non é o meu nome de guerra, obra escrita por Roberto Pascual galardoada en 2021 co Premio Rafael Dieste de textos teatrais que convoca a Deputación da Coruña.

Redrum, que xa iniciou os ensaios en Ribadavia grazas á colaboración do Concello, conta con Laura Míguez para a dirección desta obra, ópera prima como dramaturgo de Roberto Pascual, investigador teatral, profesor na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da Mostra de Ribadavia entre 2009 e 2024. As actrices Alixa Ladson e Camille Hedouin protagonizan a montaxe.

En Sophie non é o meu nome de guerra, Redrum Teatro traza dende as táboas unha viaxe emocional e xeográfica entre Camerún e A Coruña. Nela, o público presenciará un duro periplo vital na que a protagonista, Sophie, sofre a violencia da trata de mulleres, das restritivas políticas migratorias europeas e da hostilidade social que agroma nos países de acollida, tanto a que vén dada pola animosidade institucional como pola invisibilidade que arrodea as mulleres migrantes. Malia toda esta dureza, Sophie non é o meu nome de guerra é un relato que abre as portas á esperanza.

Porque a historia de Sophie, que está baseada en feitos reais,  é moito máis ca historia dunha vítima, é a historia dunha muller que ama e quere ser amada, divertida vital, que desexa e que procura, como calquera outra persoa -migrante ou non- a oportunidade dun futuro mellor. Ao longo da obra, dividida en doce cadros, coñecemos a orixe da protagonista na súa natal Yaoundé, capital de Camerún, as súas lembranzas da infancia e a riqueza da cultura popular de África antes de achegarnos ao seu éxodo, que a levou por Malí e Alxeria para despois chegar a Melilla, Valencia, Francia e, ao final, á Coruña.

A compañía

Redrum Teatro é unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída en 2009. Dende a súa creación hai xa dezaseis anos, Redrum Teatro levou a escena unha vintena de espectáculo. Entre as súas montaxes, destacan títulos como A pensión, A canción do elefante, Invisibles, O mozo da última fila, Hamelin ou O pequeno poni. No ámbito das montaxes para o público infantil, cómpre destacar espectáculos como A nena que quería navegar, Contos do recreo, Roedores ou, máis recentemente, Os contos do Lobicán, espectáculo estreado a finais de 2024 e candidato aos Premios María Casares como mellor espectáculo de monicreques.

Belén Regueira polo Día Mundial do Teatro: “Somos axentes fiscalizadores críticos do poder”

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here