InicioA CORUÑAA APP Coruña centraliza os pagos e a info municipal deixando inoperativa...

A APP Coruña centraliza os pagos e a info municipal deixando inoperativa a APP Millenium

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O vindeiro martes 1 de abril deixará de estar operativa a APP Millennium Próxima, polo que o pagamento con dispositivos móbiles a partir desa data só será posible, precisamente, a través da APP Coruña e o seu código QR.
Tras varios meses de convivencia, o Concello rexistrou que só quedan un 0,64€ dos pagos totais utilizando a Millenium, polo que se decantou por eliminar esta opción e deixar unicamente viva a APP Coruña, aplicación que xa teñen instalada 54.000 persoas. Con todo, seguirase podendo pagar en efectivo, e coa tarxeta física Coruña Millennium.

Migración: Como manter o saldo

A migración é moi doada e pódese facer desde o propio teléfono seguindo uns pasos moi sinxelos, que permiten tamén trasladar o saldo dispoñible na anterior aplicación á nova con estas instrucións.

Á hora de pagar coa Millennium QR, se non se usou previamente, a persoa usuaria deberá antes xerar unha nova e aceptar as condicións de uso para que se xere un novo número de tarxeta.
Este trámite é moi sinxelo. En primeira instancia, é necesario descargar a APP Coruña, habilitada para dispositivos iOS e Android. A APP Coruña é unha aplicación que abrangue todos os servizos municipais da cidade, e que inclúe, precisamente, información da rede de transporte urbano e tamén a funcionalidade para pagar con códigos QR.
Unha vez descargada, só fai falla abrir a APP Coruña e acceder a Transporte > Autobús urbano > Pago con QR (ou usar o acceso directo que se atopa na pantalla principal da APP) e seguir as instrucións expostas na pantalla. Cómpre lembrar que a APP Coruña está dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS.

 

A APP Coruña ten ademais outras posibilidades, como unha interesante axenda, o servizo de Bicicoruña…

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

"Hoxe vestimos de negro simbolizando a dor e o desamparo que sufrimos, pero seguiremos...

1 millón de euros para a Universidade Laboral como Centro de Excelencia de FP

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España vén de recoñecer o...

Grandes retencións na AP-9 a saída da Coruña tras tres accidentes con 13 vehículos implicados

Un total de 13 vehículos se viron afectados en tres sinistros de tráfico que tiveron lugar...

Arrincaron as obras de levantamento da duna de Riazor

Hoxe, luns 27 de outubro, comezazron os traballos para levantar na praia de Riazor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here