InicioSOCIEDADEA Asociación de Vivendas Turísticas ve "inseguridade xurídica" na ordenanza da Coruña...

A Asociación de Vivendas Turísticas ve “inseguridade xurídica” na ordenanza da Coruña sobre o seu uso

Publicada o

Por europapress

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) trasladou a súa “preocupación” pola nova ordenanza municipal que regulará na Coruña o uso das mesmas ao entender que xerará “inseguridade xurídica”. Segundo informa, tanto a asociación como propietarios afectados presentaron alegacións durante o período de información pública, que concluíu o pasado venres.

Esta entidade sostén que a ordenanza “contén graves vicios de nulidade ao invadir competencias que non son propias do consistorio”. “O Concello atribúese competencias estatais en materia de propiedade horizontal e tenta innovar na ordenación de actividades turísticas, cuxa regulación corresponde exclusivamente á Xunta de Galicia”, sinalan.

Así mesmo, denuncian que a normativa “reproduce literalmente parágrafos enteiros doutras disposicións de rango superior, vulnerando o principio de xerarquía normativa”. “Un dos aspectos máis preocupantes para os propietarios é que a nova regulación ignora por completo os dereitos adquiridos de quen contan con rexistro turístico oficial desde 2017 e cumpren escrupulosamente con todas as normativas vixentes, tanto estatais (Axencia Tributaria e Ministerio do Interior) como autonómicas”, sostén, entre outros argumentos.

ÚLTIMAS

Folga nos autobuses da Coruña: os traballadores denuncian unha carga laboral excesiva e prodúcense danos en dous vehículos

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, empresa adxudicataria do servizo de autobuses...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

O TSXG avala o despedimento dun líder sindical do lixo da Coruña por instar a boicotear o servizo durante a folga

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou como...