InicioCULTURAO Fumega Festa lanza o seu cartel

O Fumega Festa lanza o seu cartel

Publicada o

Por editor

O festival Fumega Fest acaba de dar a coñecer o seu cartel para a súa primeira edición. O evento, que terá lugar o 4 e 5 de xullo no histórico Parque do Pasatempo de Betanzos, aposta por grandes nomes a nivel europeo, con bandas da talla de Monkey3 (Suiza), Psychonaut (Bélxica), Greenleaf (Suecia) ou Dvne (Escocia). Xunto a eles actuarán Exxasens (Barcelona), Mohama Saz (Madrid), Mano de Piedra (Vigo) e Kalte Sonne (Lugo). Este cartel de luxo abrangue o mellor do stoner rock, post-rock, psych, space-rock e post-metal, nunha aposta forte por conformar un cartel á altura dos mellores festivais europeos da escena.

Betanzos fará unha viaxe musical a través da distorsión e os ritmos intensos con dous días cheos de boa música nun marco incomparable. Baixo a mirada do Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese Cultural e un dos parques con máis historia de Europa, arranca unha primeira edición que promete ser única en Galicia.

Os abonos para o Fumega Fest sairán á venda o próximo venres 11 de abril en www.fumegafest.com e Enterticket a un prezo promocional de 45€ + gastos de xestión. O festival porá á venda tamén a acampada, que contará con zona cuberta, control de acceso e todos os servizos do pavillón municipal. Atoparase a escasos metros andando do recinto de concertos e do centro da vila, e terá un prezo de 15€.

fumega fest copia

Máis novas

O Pasatempo será escenario do novo Fumega Fest

 

ÚLTIMAS

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...

Xuventudes do PSOE da Coruña condenan “toda violencia” e piden non criminalizar aos manifestantes contra Vox

As Xuventudes Socialistas da Coruña condenaron "rotundamente" calquera "manifestación de violencia", tanto a "exercida...

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

A Banda da Loba e Icía Varela, hoxe no ÁgoraSon

Hoxe venres 23 de outubro, a partir das 21:00h arrinca unha nova edición do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here