InicioBARRIOSO Quiosco da Praza de Ourense reabre coa unión de Down Experience...

O Quiosco da Praza de Ourense reabre coa unión de Down Experience con Amasarte

Publicada o

Por editor

O emblemático Quiosco Down Experience reabriu onte as súas portas na praza de Ourense tras unha renovación integral que marca o inicio dunha nova etapa. O novo Quiosco Down Experience, une xestión á da empresa Amasarte —recoñecida polo seu compromiso coa panadería artesá e a inclusión social— consolidándose como un proxecto innovador, onde se fusionan o social e o empresarial, ofrecendo un modelo sostible e replicable, que marida gastronomía, inclusión e comunidade.

Desde os seus inicios, o quiosco contou coa colaboración de empresas externas como provedoras de servizos crave, como é o da xestión do negocio, xa que non se trata dunha asociación hostaleira profesional. Con todo, esta nova etapa supón un paso máis aló: Amasarte asume a xestión do espazo e, ademais, establece un compromiso firme coa inclusión laboral de persoas con discapacidade, tanto no quiosco como nos seus propios
establecementos.
“A idea de Amasarte é que as persoas da asociación empecen aquí no Quiosco, se formen e logo poidan incorporarse ás outras tendas de Amasarte”.

A xornada de reapertura congregou a todos os traballadores do quiosco, que compartiron con entusiasmo as novidades, e a un amplo respaldo institucional. Entre as autoridades asistentes estiveron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a subdelegada do goberno María Rivas, menbros da Deutación e varios edís, que foron recibidos pola presidenta de Down Coruña, María Díaz e a directora da entidade, Berta Lema.

A repartura abre o abano de oferta, e ademais do mítico bocata de luras, engádense cafés, bowl saudable, gofres, tostas… todo coa masa nai da nova firma, ademais de licuados de froita natural, frappes…

“Estamos moi ilusionados con esta colaboración. O Quiosco é un símbolo moi querido da cidade, e formar parte da súa historia é toda unha honra para nós. A nosa intención é sumar, achegar a nosa experiencia, un pouco de arte e a nosa maneira de facer as cousas para que este espazo siga sendo un referente, e se é posible, que o sexa aínda máis”, indicaron desde Amasarte.

Down Experience Coruna
A alcaldesa no Quiosco

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here