InicioCULTURAOs IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste...

Os IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste levaron os Premios Imaxina

Publicada o

Por editor

Completa xornada de promoción da ciencia nos centros de ensino a vivida este sábado na Domus. A Feira Imaxina Coruña 2025 congregou este sábado a centos de persoas,  aproveitando a entrega dos Premios Imaxina.

Déronse conta dos 14 proxectos finalistas desenvoltos por 56 estudantes de oito centros educativos da cidade, todos eles baixo o lema ‘Auga limpa, futuro sostible’.

Os centros gañadores foron o IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste, que recibiron os seus premios antes do espectáculo científico de divulgación titulado ‘Explorando o cerebro’, a cargo de David Ballesteros, que obtivo unha excelente acollida.
O premio inclúe material dixital, 500€ para gasto en material de laboratorio e a viaxe ao País Vasco para participar na feira científica Zientzia Azoka que se desenvolve en Bilbao.

IES Rafael Dieste Coruna Imaxina
Entrega de premios dos Imaxina

O IES Rafael Dieste

“Amor de auga lixeira” é unha nova iniciativa cultural xurdida no seo do IES Rafael Dieste, responsable tamén do Aquí tamén se fala, que procura a reivindicación e recuperación das fontes tradicionais da cidade.

O proxecto, que envolve sete departamentos académicos do Instituto Rafael Dieste, baixo a coordinación da profesora Mónica Reixía, vén de gañar o galardón “Imaxina” en recoñecemento ao seu compromiso social.

Equipo IES Rafael Dieste Coruna Imaxina
Equipo do IES Rafael Dieste

O proxecto inclúe varias aristas: a análise da calidade das augas e o seu estudo de potabilidade, asi como a creación de contidos dixitais, a catalogación patrimonial ou elaboración de roteiros.

Coa participación de todo o alumnado de 3º da ESO, o xurado destacou o seu compromiso coa defensa da Arqueta dos Frades mantendo o seu espazo orixinal así como a posibilidade do seu uso, así como o conxunto do traballo desenvolvido que se publica na web: amordeaugalixeira.com e que continúa ampliando o seu repositoro.

IES Isaac Díaz Pardo

Os tres proxectos desenvolvidos polo alumnado do Club de ciencia do centro sadense, acadaron tres dos cinco premios que se outogaron.

  • O premio ao mellor vídeo para o proxecto “O río, noso veciño”
  • A mención especial ao proxecto “Inversión de futuro”
  • Premio á sostibilidade ao proxecto “Recuperando a auga perdida”.

 

Máis novas

O IES Rafael Puga Ramón e Agra do Orzán e os CPR Eirís e As Escravas gañan os premios Imaxina 2024

“O Dépor é da Coruña”, o novo reto normalizador do #Aquítaménsefala

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

 

 

ÚLTIMAS

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here