InicioA CORUÑAUnha muller hospitalizada tras unha fuga de gas na Coruña

Unha muller hospitalizada tras unha fuga de gas na Coruña

Publicada o

Por europapress

Unha muller tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ao sufrir síntomas de intoxicación por inhalación de gas na cidade herculina. A muller atópase con osíxeno tras inhalar gar.`Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 20.00 horas e foi un particular o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de que había un forte cheiro a gas no portal dun edificio da rúa Antonio Ríos.

Por iso, puxéronse en marcha os protocolos para a posterior mobilización dos recursos necesarios, acudindo os bombeiros da Coruña e axentes da Policía Local á zona. Máis tarde, os profesionais tiveron coñecemento de que unha muller presentaba mareos, síntomas compatibles cunha intoxicación por gas, polo que persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárona ao hospital. Así mesmo, os bombeiros realizaron as medicións oportunas e comprobaron o estado da instalación.

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña....

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...