InicioA CORUÑAAs 13 horas de apagón na Coruña

As 13 horas de apagón na Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Eran as 12:30h da mañá cando todo se parou. A xente comezou saír ás ventás, á rúa, a preguntar que pasaba? “Algo pasa na Repsol, que está botando fume negro”, comezaba a rular o primeiro bulo da xornada, a pesar de que ese fume era parte do sistema de seguridade da refinería. “Disque foi en toda España”, escoitábase xa moi pronto, gracias a que o whastapp (que tivera pasado se tamén fallase dende primeira hora…), as redes sociais e os trasistores de pilas (esgotadísimos nos bazares e ferreterías) mantiñan a pouca información que continuaba aparecendo. E iso que algunhas emisoras se apagaban e obrigaban aos seus ouvintes habituais a achegarse á RNE ou Radio Galega.

A reacción de moitos foi pasar o mediodía e a tarde na praia. Os areais, co fermoso sol, que había estaban petados. Nas rúas, o clima era máis relaxado do habitual. Os condutores viaxaban con precaución e boa vontade ante o apagón dos semáforos.

Os que non estaban tan contentos foron as preto de 90 persoas que quedaron pechadas en ascensores, e tiveron que ser rescatadas. Ou as 30 con mobilidade reducida que tiveron que ser axudadas para subir aos seus pisos pola falta de ascensores.

Os supermercados comezaban a pechar, era o día das pequenas tendas que podían operar en efectivo sen ter que pasar todo polos códigos; e do Mercadona, único cun sistema alternativo con gasoil. O zumbido dos seus xeneradores afectaba a todo Panaderas, pero seguro que foi unha xornada positiva para a empresa levantina. Sempre que hai que pesca a río revolto…

As conversas na cidade eran apocalípticas, e cada quen daba un culpable: Putin ou uns hackers rusos, Netanhahu… ata Trump estaban nas quinielas da veciñanza ante a absoluta falta de información ao longo da xornada.

De 6 a 10 horas comezaba ABC a avisar de que tardaría en volver a luz. Na Coruña non volvía ata as 2:00h. 13 horas e media de apagón.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


A medida que entraba a noite, e xa con algún dos barrios altos da cidade con problemas de suministro auga (Castrillón, Eirís ou Monelos) xa se albiscaban as velas dende as fiestras dos pisos da cidade, e arredor das 23:00h, a estampa no paseo marítimo era curiosa. Moita xente baixou a ver as estrellas, algo nunca visto dende o centro da cidade; os coches non deixaban de pasar intentando volver ás súas casas, pero o movemento, e polo escoitado, o humor, non deixou de reinar nas mentes dos coruñeses.

Hoxe, volve a normalidade, pero sen centros de ensino, unha vez que a Xunta decidiu non abrir hoxe. Si o farán os Centros Cívicos.

 

Máis novas

A Coruña sobre vive no Sanín

ÚLTIMAS

Os docentes do programa de Lecer fártanse das “mentiras” municipais

Rotundos foron esta mañá os docentes do Programa de Lecer. Volveron concentrarse ás portas...

8M: A Coruña prepárase para as concentracións da MMM e do Sindicato de Estudantes

Prepárase a cidade da Coruña para as manifestacións polo 8M, Día Internacional da Muller...

ADEGA denuncia risco a sáude pública e ambiental por verteduras recorrentes no río Valiñas

Persoal de ADEGA achegouse a comprobar “in situ” a existencia desta vertedura logo das...

Traballadores que prestan servizo ao Banco Santander concéntranse na Coruña para reclamar condicións laborais dignas

Persoal da empresa Universal Support, que presta servizo para o Banco Santander, concentrouse este...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here