InicioA CORUÑAA alcaldesa da Coruña incide no Correlingua na importancia de que o...

A alcaldesa da Coruña incide no Correlingua na importancia de que o galego “se expanda máis aló das aulas”

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, incidiu na importancia de que o galego “se expanda máis aló das aulas” nunha nova edición do Correlingua, que se celebrou na cidade coa participación de 2.200 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da urbe e a súa contorna.

As persoas participantes realizaron un percorrido a pé desde o Palacio dos Deportes ata a Torre de Hércules con pancartas en defensa do uso do galego.

“Ver os centros de todo a contorna aquí reunidos é unha proba clara de que hai unha xeración que non lle dá as costas ao galego”, aseverou a rexedora.

Na súa intervención, reivindicou tamén a necesidade de que o galego “se expanda máis aló das aulas”. Foi nun acto con presenza da actriz Isabel Risco e coa actuación musical de Pauliña.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...