InicioA CORUÑAAproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a...

Aproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a pesar das críticas

Publicada o

Por europapress

Xa está en marcha o ‘Máster Plan’ do proxecto Coruña Marítima, sen dúbida, un dos proxectos urbanísticos máis importantes do século para a cidade herculina. Despois do mal chamado “proceso participativo”, as administracións que participan no proxecto (Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, Portos do Estado, ADIF e Autoridade Portuaria da Coruña) acordaron licitar o concurso internacional para a redacción do plan que definirá os futuros usos dos peiraos interiores do porto coruñés.

Así se concretou nunha reunión extraordiaria do consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña na que todos os presentes incidiron na importancia da colaboración institucional, esquecendo absolutamente as peticións da cidadanía e as entidades sociais, como o mantemento da titularidade pública dos terreos e a non venda de terreos do peirao de San Diego para que a vivenda privada paguen a débeda da autoridade portuaria, ou a licitación dun concurso non restrinxido que permita participar tamén aos profesionais do urbanismo da cidade.

Ábrese agora un prazo de doce meses para presentar propostas. Entre o cinco finalistas que superen as esixencias do concurso restrinxido, seleccionarase o gañador que terá outro prazo dun ano para presentar o denominado ‘Máster Plan’.

Financiamento?

“É un proxecto de futuro para deseñar a cidade dos próximos 20 anos”, sentenciou a rexedora Inés Rey, mentres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu en que “o que é bo para A Coruña é bo para Galicia”.
Pola súa banda, o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, trasladou o “compromiso inequívoco” do Goberno central con esta actuación e subliñou a achega estatal, aínda que sen concretar como será o financiamento para o deseño da fachada marítima ao ser preguntado por iso. Esta cuestión, precisou, non foi obxecto da reunión deste martes.

Información Institucional?

E como as administracións están unicamente pola “información institucional”, dende as entidades veciñais consideran esta forma de transmitir a información unha “dregradación da participación real da veciñanza”, e poñen “o proxecto Coruña Marítima é un exemplo evidente”. Por iso, as entidades sociais preparan unha xornada para este mércores onde aportarán “outra visión”. Varios colectivos analizarán o proxecto ás 19:00h na Biblioteca veciñal do Campo de Marte, en Monte Alto.

Analise Coruna Maritima en Monte Alto

Máis novas do polémico proceso

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

 

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...