InicioMOV. SOCIAISNova xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de...

Nova xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

Publicada o

Por editor

As traballadoras das residencias privadas de maiores e dos centros de día están secundaron este mércores a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que dignifique as súas condicións salariais e laborais e en resposta ao bloqueo patronal á negociación colectiva. Como nas xornadas anteriores, a folga está marcada polos servizos mínimos abusivos decretados pola Xunta, segundo denuncia a CIG.

Aproveitando a xornada sucedéronse as accións de protesta por todo o país con concentracións, manifestacións, actividades reivindicativas e incluso un enterro do convenio. Até 13 mobilizacións convocadas pola CIG noutras tantas localidades, ás que hai que engadir as protestas do persoal nomeado en servizos mínimos diante dos centros, para trasladar o apoio á folga e reivindicar tamén unha atención de calidade para as persoas usuarias.

“A patronal só ofrece miseria”

A través destas protestas, as traballadoras queren denunciar as propostas de miseria trasladadas pola patronal, que ten bloqueada a mesa de negociación dende o pasado mes de outubro. “Estamos reivindicando unhas condicións salariais e de traballo dignas, pero a patronal só nos ofrece migallas a pesar de ingresar beneficios millonarios e subirlle os prezos ás persoas usuarias”, critica Ana Domato, delegada da CIG nunha residencia privada da Coruña.

A CIG-Servizos lembra que este é un sector altamente feminizado e moi precarizado, no que a maioría das traballadoras cobran por debaixo do SMI e que rexistra unha elevada incidencia de enfermidades músculo-esqueléticas -que non están recoñecidas como profesionais- debido aos grandes esforzos físicos que se realizan.

“Pedímoslle á patronal que sente negociar con nós e chegar a acordos para un convenio novo que non sexa de mínimos, senón un convenio decente que é polo que estamos loitando”, asevera.

Ratios obsoletas

Domato pon o acento na sobrecarga laboral constante que ten que asumir o persoal pola falta de traballadoras e traballadores e o deterioro asistencial que esta precariedade supón para as usuarias e usuarios. “Na maioría das residencias unha traballadora soa atende a 10 ou 15 persoas dependentes e temos dúas horas para facerlle todo o que precisa (erguer da cama, aseo, cambio de cueiro etc.). Como lle podemos dar unha atención decente a estas persoas?, inquire.

Por iso, a delegada da CIG exixe unha actualización das ratios “que quedaron totalmente obsoletas” e que se adecúen ás necesidades reais dos centros. “Non pode ser que haxa quendas de noite con só dúas traballadoras para atender a 150 residentes; residencias de 60 persoas cunha soa auxiliar; ou que de noite non haxa presenza física de persoal de enfermería porque a Xunta decidiu en decembro mudar a orde de ratios e eliminar esta obrigatoriedade”, denuncia.

Traballadoras de Carballo e A Laracha tamén secundaron as mobilizacións.

Folga Residencias privadas Carballo 2
Manifestación das traballadoras da residencia DomusVi polas rúas de Carballo
Folga Residencias privadas Carballo
Folga na DomusVi de Carballo
Folga na residencia da Laracha
Folga na residencia da Laracha

ÚLTIMAS

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá...

O Goberno central aproba 3,3 millóns de euros para financiar Máster Plan de Coruña Marítima

Falabamos esta semana das intencións do Plan de Coruña Marítima. Un Plan que segue...

CCOO, CGT, CIG e UGT, así como o Sindicato de Estudantes apuran a Folga Xeral por Palestina

Por fin parece que os sindicatos unen forzas para facer presión contra o xenocidio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here