InicioCULTURASanta Cruz celebrou 25 anos da Escola de Música

Santa Cruz celebrou 25 anos da Escola de Música

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Espectacular ambiente en Santa Cruz para celebrar o seu día máis musical no marco da celebración dos 25 anos da Escola Municipal de Música.

A xornada arrincaba cun roteiro musical de pola mañá, celebrándose ademais unha serie de concertos deslocalizados por distintos lugares do paseo marítimo e o parque Luis Seoane. Gran expectación xeraron estas demostracións de pequeno formato con conxuntos musicais coordinados por profesores da escola con agrupacións de corda, percusión, coros, música de cámara, canto lírico, música tradicional, saxos, clarinetes, flautas, piano, música moderna e combos, ademais dun específico de música infantil.
En total unha mañá tinguida de sons múltiples e diversos nos que predominou a música clásica executada por 110 músicos da EMMO nos distintos concertos programados.

Pero a gran cita era pola tarde e reunía a medio Oleiros na praza Esther Pita para a representación de Mamma Mía, a montaxe na que máis de 200 artistas homenaxean a ABBA versioneando este famoso musical internacional, repetindo o éxito da pasada semana na Lagoa de Mera.

20 anos da escola de Musica de Santa Cruz

Os membros Escola estiveron acompañados sobre o escenario de alumnado da Escola de Danza e o coro Tremenda Tremolina, todo baixo a dirección xeral de Malu Balado.

Un importante éxito colectivo do que forman parte o conxunto do profesorado das escolas. Na dirección e adaptación musical figura Rodrigo Rodríguez, Nilo García na dirección da orquestra sinfónica, Coco Pereira dirixindo Tremenda Tremolina e Lara Fenoll na Escola Municipal de Danza. Tamén participaron no espectáculo os profesores Marina Gundín, Mónica Pérez, Álex Carral e Jorge Galán.

ÚLTIMAS

Denuncian o silencio da promotora Bring The Noise cunha concentración a entrada do Morriña Fest

Varios colectivos, entre eles o colectivo BDS Galiza, sumáronse á convocatoria cidadá de concentración...

Chega o programa das Festas de María Pita

A unha semana de agosto, e esperando aínda o cartel do Festival Noroeste (aseguraron...

Denuncian despedimentos na planta de Resonac na Coruña e convocan un calendario de protestas

O comité de empresa de Resonac Graphite na planta da Coruña denuncia que a...

Movemento Sumar Coruña cualifica de “inxustificable” o derrubo das 38 vivendas de Monte Mero

O grupo acusa a Inés Rey de complicidade co modelo especulativo da Xunta. ---...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here