InicioMOV. SOCIAISA Coruña volveuse concentrar polo Fin do Xenocidio

A Coruña volveuse concentrar polo Fin do Xenocidio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Coruña foi partícipe dunha nova mobilización artellada por 119 entidades do país que forman parte da iniciativa PararLaGuerra.es. Un movemento apoiado por centos de profesionais destacados da Cultura e miles de cidadáns que chaman á cidadanía para unirse contra o Xenocidio que están cometendo en Palestina, a facer todo aquilo que estea nas nosas mans e a atoparnos nas rúas para que cada vez sexa maior o clamor polo alto o fogo definitivo e o cumprimento inmediato das condicións máis básicas que esixe a legalidade internacional e os Dereitos Humanos.

Así, como en máis de 125 cidades de todo o estado, un cento de persoas concentrábanse este pasado sábado no Obelisco, baxio o lema “Polo FIN do XENOCIDIO. Por unha Paz Xusta. Palestina Libre Alto o Lume Definitivo Nin terrorismo, nin xenocidio”.

“O que está a acontecer en Gaza é un xenocidio que ten como obxectivo final o exterminio e a limpeza étnica de máis de dous millóns de gazatíes, a metade dos cales son menores. Este é o criminal proxecto de Netanyahu, co apoio incondicional de Trump, que non ten ningunha xustificación”, sinalaba o manifesto.

Lembraron que “estamos ante un dos momentos máis crueis e mortíferos da matanza que o goberno israelí leva vinte meses perpetrando contra unha poboación civil inocente, desarmada e indefensa. É urxente un alto o fogo definitivo como primeiro paso para poñer fin ao xenocidio”.

“Todos os días as tropas de Israel perpetran un sen fin de crimes de guerra. Todos os días bombardean hospitais, escolas, refuxios ou tendas de campaña. Todos os días destrúen vivendas, campos de cultivo, infraestruturas de auga potable e saneamento, sen máis propósito que o exterminio e que Gaza sexa inhabitable. Todos os días acribillan a homes, mulleres, nenos e nenas que só claman por axuda.”

“Á extrema violencia das bombas súmase o rigor dun asedio que condena á fame total ao pobo palestino. A ONU asegurou que máis de 14.000 bebés poderían morrer en Gaza se a axuda humanitaria non chega a tempo. Sen embargo, puidemos ver imaxes do exército israelí bloqueando a axuda ou incluso disparando contra a multitude desesperada que acode a conseguir algo de comida.”

ÚLTIMAS

Rosa Cedrón e Baiuca abren as Festas de María Pita

Este venres 1 de agosto darán comezo as Festas de María Pita 2025 co...

Somos as traballadoras do SAF: esenciais pero esquecidas

Chámome Trinidad, son coruñesa e traballo no Servizo de Atención á Dependencia no Fogar....

A Federación de Asociacións  Veciñais da Coruña e Área Metropolitana xa ten local no Centro Cívico do Birloque

Inaugurouse onte o novo local da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área...

Aprobado o modificado convenio das Xubias nun pleno no que marchou o PP

Pleno extraordinario complicado o vivido esta mañá de 31 de xullo no pazo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here