InicioCULTURAA CRMH pide cumprir os prazos legais no Pazo de Meirás

A CRMH pide cumprir os prazos legais no Pazo de Meirás

Publicada o

Por Claudia Varela Lourido

A CRMH da Coruña acaba de presentar escritos diante da Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática para que cumpra os prazos legais establecidos e declare xa o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática. Desde a Comisión destacan que presentaron “o pasado 15 de xullo de 2024 un escrito de solicitude de incoación do procedemento establecido, diante da Dirección Xeral competente, para a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática, de acordo co establecido na Lei de Memoria Democrática no súa Sección 4º.”

A solicitude realizouse pola CRMH como promotora e difusora da memoria democrática, “polo que debe ser tramitada segundo o disposto no artigo 50.1 da citada Lei, que establece un prazo de 12 meses para a incoación, e no seu caso, para a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática”

A CRMH da Coruña tamén solicitou diante desta Dirección Xeral información sobre o estado da tramitación do procedemento. En concreto, resaltan no comunicado, establécese que “o expediente resolverase e notificarase no prazo máximo de doce meses desde a data da súa incoación, ou desde a data en que a solicitude entrara no rexistro”

Por todo isto, a CRMH insta ás administracións a proporcionarlles “información ao respecto, e no seu caso, a copia dos documentos que existan no expediente de tramitación ao respecto. A CRMH da Coruña non ten constancia nin recibiu desde a presentación da solicitude (15/07/2024) información algunha sobre a realización dos informes preceptivos”

ÚLTIMAS

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Fartáronse as familias do abandono extremo da escola pública, e do ridículo espantoso que...

Arrinca hoxe a folga de médicos despoide que a Xunta rompese un principio de acordo

Máis de 3.000 médicos están chamados ao paro indefinido a partir de hoxe luns...

Dous alumnos coruñeses volven con Medallas da Spaniskills de FP

Con 7 medallas volveu a delegación galega no Campionato de España de FP Spaniskills....

A CIG estuda impugnar o acordo entre UXT e a patronal sobre o transporte de viaxeiros por estrada na Coruña

A CIG estuda impugnar o acordo entre UXT e a patronal sobre o convenio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here