InicioA CORUÑAInés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, “non ten absolutamente nada que achegar á cidadanía” e “radicalizouse completamente”. Así se pronunciou ao ser preguntada este xoves, nun acto na cidade herculina, pola comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a intervención de Núñez Feijóo, o mércores, día 9, no Pleno monográfico no Congreso sobre corrupción tras saír á luz a vinculación do que era secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, cunha trama deste tipo.

Respecto diso, a rexedora asegurou que “II. “Un PP que non ten unha alternativa política, que non lle ofrece nada a este país e o único que sabe facer é insultar, enfangar e lanzar bulos permanentemente“, expuxo. Fíxoo para engadir que o seu “obxectivo non é gañar a un adversario político, que sería o lóxico e o san en democracia, senón destruír ao adversario político coas técnicas máis bastas e máis lamentables que vimos en moitos anos”.

En canto a Núñez Feijóo, insistiu en que “tiña enganado ao resto do país con esa imaxe de moderado que parecía dar“. Inés Rey fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas tras a súa visita ás obras de remodelación da zona dos Cantóns da Coruña para supervisar os avances das mesmas. Nela, estivo acompañada polos concelleiros de Economía e Planificación Urbana, José María Lage, e de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

JOSÉ MARÍA LAGE ANTE AS DÉBEDAS DAS CONCESIONARIAS

O Concello da Coruña instou de novo ás concesionarias que teñen débedas coa Administración local a que fagan “fronte ás súas responsabilidades e ás súas obrigacións”, cumpran coa normativa vixente e liquiden os pagos pendentes antes do 1 de xaneiro de 2026.

“Se non os satifacen, temos armas para poder rescatar a concesión”, sinalou o concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage. Fíxoo ante preguntas dos xornalistas sobre a débeda de 5,2 millóns de euros que 16 concesionarias contraeron co consistorio debido á suma da falta de pagamentos dos canons e a non abonar impostos e taxas municipais.

ÚLTIMAS

“Non tería collóns de facer semellante cousa”, di a irmá do loteiro acusado de quedar cunha Primitiva

A irmá dos dous acusados por, presuntamente, quedar cunha primitiva millonaria na Coruña en...

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Despois de meses de queixas, protestas e manifestacións de milleiros de familias a través...

Folga indefinida dos controladores aéreos de Alvedro a partir deste venres

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17...

A Lonxa do Gran Sol e o encoro de Meicende, entre as obras que renecesitan rehabilitación e difusión pública para o Colexio de Enxeñeiros

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia vén de emitir...