InicioECONOMÍAMobilización laboral do persoal da empresa presta servizos de atención á clientela...

Mobilización laboral do persoal da empresa presta servizos de atención á clientela para Abanca

Publicada o

Por editor

Persoal de Intelcia, subcontrata de Abanca, realizaron dúas concentracións este martes na Coruña para denunciar a precariedade laboral e os despedimentos aplicados pola empresa nas últimas semanas. A primeira das concentracións desenvolveuse diante das oficinas de Intelcia e a seguir o persoal levou as súas reivindicacións até a Oficina Principal de Abanca na Rúa Nova, para sinalar que a entidade financeira “é a responsábel das condicións precarias nas que prestamos o servizo”.

Intelcia presta servizo de atención á clientela de Abanca (banca electrónica, banca telefónica, seguros, tarxetas e prevención de fraude) e nesta campaña traballan máis de 200 persoas, das que unhas 150 están nas oficinas da Coruña e o resto en Vigo, onde tamén se produciron despedimento.

Esther Rey, do comité de empresa, explicou que Intelcia se fixo con este servizo hai ano e medio “e dende que se produciu a subrogación houbo moitos problemas para que nos mantiveran os dereitos adquiridos, problemas para coller os permisos, coas horas médicas, no cálculo das nóminas, etc.”

A isto engádese a falta de formación “que impide que a actividade se poida realizar correctamente”, un exceso de carga de traballo “que cada día vai a máis” e  unha maior precariedade nas novas contratacións pola falta de estabilidade.

Pero a gota que colmou o vaso e levou ao comité a convocar estas concentracións foron os despedimentos executados por Intelcia nas últimas semanas “entendendo que así reducen custes”. “Aínda que a propia empresa recoñece que hai motivacións económicas porque perdeu tres campañas importantes, pretende disfrazar estes despedimentos con motivos disciplinarios, atentando contra a dignidade e integridade do persoal, xa que alegan unha chea de mentiras e feitos que non son reais”.

ÚLTIMAS

Nova suspensión ao proxecto das Percebeiras para incluír a parcela do antigo Padre Rubinos

O Pleno desta mañá de xoves 15 de xaneiro no Pazo de María Pita...

Inditex pechará a súa histórica primeira tenda de Zara aberta dende o 1975

Inditex pechará o próximo día 30 de xaneiro a súa primeira tenda de Zara,...

“Xustiza”, a familia de Diego Bello busca en Filipinas a condena dos policías asasinos

Familiares de Diego Bello -- o mozo coruñés falecido en Filipinas en 2020 e...

O Concello afrontará unha nova ordenanza sobre os VTC

O pleno celebrado nesta mañá de xoves 15 de xaneiro, ratificou a idea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here