InicioCULTURAA milagre da Mardi Gras remata a temporada por todo o alto

A milagre da Mardi Gras remata a temporada por todo o alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Afronta a mítica Mardi Gras  a súa última semana desta histórica temporada. A sala de Monte Alto leva celebrando dende setembro o seu 25 aniversario, acollendo a case 200 bandas (34 delas internacionais) ao longo de 168 noites de concertos. Máis de 3.000 eventos ten acollido esta pequena sala-milagre, que ademais de apostar pola música do país, recibiu visitas do Xapón, Australia, Alemaña, o Reino Unido, Brasil, Arxentina e, como marca rexistrada, unha importante representación de bandas dos Estados Unidos.

Agradecementos

A entidade agradece a colaboración de Estrella Galicia, o principal patrocinador, así como con marcas como Marieta, Alvariño de Martín Codax, Garaxe 59, empresa dedicada aos vehículos clásicos, e tamén Sham Rock e The Breen’s Tabern. Pero sobre todo ao apoio da República Musical de Mardi Gras, formada por un nutrido grupo de persoas amantes da música en directo e conscientes do milagre que ocorre no noso pequeno local. Este mes cumpriu o seu quinto aniversario, e continúa a colaboración con Mardi Gras e outros proxectos da cidade.

Axenda da Fin de temporada

Esta semana a sala acolle concertos de xoves a sábado.

O xoves 24, a partir das 21:30 horas con entradas por 10 euros, chegan tres novas bandas galegas: Son Ghorxa (Ferrolterra), que chegan cun novo álbum publicado en 2025, Fúlmine (Betanzos) e Vlacklith, xa coñecidos polos fans do local.

O venres reciben a dúas bandas de Madrid e Asturias, tamén por 10 euros e con apertura de portas ás 21:30 horas. Melliza, de Madrid, é unha banda de rock and roll con actitude punk, fondo blues e vibracións surferas.
Acompañan Indocentes é unha banda asturiana de rock and roll de cancións orixinais, fundada en 2018.

O sábado, unha banda que rende homenaxe a The Velvet Underground, As Veludas Soterradas. As entradas anticipadas pódense reservar por só 5 euros enviando un correo electrónico a entradasmardigras@gmail.com. Tamén se poden mercar a ese prezo durante a proxección do documental sobre a banda, que se exhibirá ás 19:30 horas no Tío Ovidio, na Rúa Alta, con entrada gratuíta. As entradas custan 8 euros na billeteira.

 

KATE-CLOVER-_2023-1
Kate Clover ten na Mardi a única cita en Galicia

Para pechar a tempada, dous pratos fortes con artistas dos Estados Unidos en ambos os días. O mércores 30, no marco do 8º ciclo “Elas Son Artistas”, chega a californiana Kate Clover, alcumada a Nova Blondie. Unha gran responsabilidade. As entradas anticipadas custan 18 euros e todo apunta a que están esgotadas. Están dispoñibles en Entradium.com e á venda en RockBox e Creedence Rock Bar.
Esa noite, tamén poderemos gozar dunha sesión de DJ a cargo de Vanne Vamp.

E o peche desta magnífica tempada chegará coa terceira visita dun cuarteto feminino que arrasou en todos os seus directos: The Darts, de Seattle. As entradas anticipadas tamén están dispoñibles en Entradium.com por 15 euros. Estas dúas actuacións son un evento único en Galicia e, con elas, concluímos o noso Festival de xullo. Sen un só euro de financiamento público.

ÚLTIMAS

O Recorda Fest volveu encher A Coruña de himnos musicais pasados e presentes que unen xeracións

O Recorda Fest converteu este sábado A Coruña nun grande escenario de lembranzas, emocións e festa...

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

Fantástica xornada onte á noite no Flores Rock, un festival montado pola Asociación de...

Capercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no “Folk no Colón”

Tralo comezo en maio cos concertos de Treixadura e Abraham Cupeiro, retómase o ciclo...

Xulio Abalde será o novo subdelegado do Goberno na Coruña

O exrector da Universidade da Coruña (UDC) Xulio Abalde será o novo subdelegado do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here