InicioA CORUÑADezasete persoas identificadas como furtivos na Coruña no que vai de 2025

Dezasete persoas identificadas como furtivos na Coruña no que vai de 2025

Publicada o

Por europapress

A Confraría de Pescadores da Coruña, a través dos seus guardapescas –en colaboración con Gardacostas de Galicia, Policía Autonómica, Policia Local, Policía Nacional e Garda Civil– tramitou no que vai de 2025 un total de 54 actas de infracción con 17 furtivos identificados.

Así, incautouse percebe, do cal “unha porcentaxe moi elevada é de talla ilegal”, explica a confraría nun comunicado no que denuncia que o número de furtivos que operan de maneira habitual “é alarmante”.

A cantidade de mariscos incautados durante estes operativos ascende a 100 quilos, ademais de que estima que outros 100 quilos escaparon aos controis e chegaron ás canles de venda.

Actualmente, a extracción de percebe atópase vedada na zona da Torre de Hércules, onde se concentran a maioría das capturas ilegais, o cal “pon en perigo a campaña de Nadal” dos ‘percebeiros’. Durante este xoves procedeuse ao comiso duns 18 quilos de percebes nesta zona e identificáronse a tres furtivos. Nesta intervención, na que actuou Policía Local e Gardacostas, “produciuse e ameazas entre os guardapescas e os furtivos” polo que se interporá unha denuncia.

As especies comisadas que non poden ser devoltas ao seu medio natural son entregada en diferentes centros benéficos da cidade.

ÚLTIMAS

A patronal do transporte por estrada da Coruña acusa os sindicatos de sabotaxes e esixe condenar a violencia para negociar

As asociacións empresariais do sector de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da...

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

Tivo lugar esta mañá, na rúa Santiago 15, diante do stolpestein de Leopoldo López...

A Audiencia da Coruña condena a 20 anos de prisión a tres traficantes de cocaína en Ferrol

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres persoas a un total de 20...

QFB, a banda herculina de rapmetal, lanza o seu comprometido segundo disco

Despois da publicación en 2022 do seu disco debut “Rexurdir”, QFB volve de novo...