InicioCULTURAMondra levou de Ronda á mocidade herculina para Quererse ben

Mondra levou de Ronda á mocidade herculina para Quererse ben

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Que o galego tome a Praza de María Pita sempre é un fito importante. E que o faga achegando á mocidade do país ao Festival Noroeste aínda máis. É o poder de Mondra, unha das bandas emerxentes do país que están revolucionando a tradición, convertíndoo en tendencia nas novas xeracións. Onte, o de Recesende (Teo) demostrou que oo novo “tradi” arrasa entre a mocidade, e esa mestura entre pandeiretas e cantareiras, e sintetizadores e coreografías espectaculares, está a cambiar o panorama da música galega contemporánea.

Sen deixar de interactuar co público en ningún momento, Mondra sacou “De Ronda” pola Coruña a toda praza, dando sentido ao nome do seu segundo disco. Máis reivindicativo, pero menos cañeiro, que “Ardèn˝, Mondra percorreu este segundo traballo, sacando a comezos deste 2025, de arriba abaixo, e só se deixou para o treito final unha das cancións máis representantivas da nova onda tradi, o “Punheta” que sacou coas Fillas de Cassandra.

Pero case o que máis retumbou en María Pita foron os “Quererse ben”, que ten visos de himno xeracional como o “Varre vasoira” das viguesas, ou o “Marimondra”, co saca todo o orgullo “maricón”, poñendo a bailar a todo o país.

Festival Noroeste 2025-Mondra bailes
Impresionantes as coreografías da banda Mondra

Mágoa non poder gozar do mambo de Tito Ramírez que tanto gustou ao público, máis veterano en xeral, que se adoita ver por Azcárraga. Ou Hermana Furia, que encheu de candela e potencia o Campo da Leña antes que Battosai pechase a segunda xornada de festival<.

Para a lembranza quedará a voz dunha histórica como P.P. Arnold, que puxo a Coruña na súa xira mundial.

Festival Noroeste 2025-Hermana Furia no Campo da Lena
Tremenda potencia sobre o escenario do Campo da Leña de Hermana Furia
Festival Noroeste 2025-Komodo no Campo da lena
Dende Países Baixos chegaron Komodo para a sesión vermú do Campo da Leña

A música galega toma Riazor

Chegan os concertos da praia, e este ano 4 das 6 propostas son do país, e 3 en galego. Hoxe venres abre o coruñés Carlos Ares, que xa co seus rebuscados temas triunfa en todo o estado. O galego tomará o relevo cos veteranos Luar na Lubre, e rematará a primeira noite do escenario principal o gran Nuno Pico, Grande Amore, con esa proposta que parece o Krafwert galaico que tanto presta.

Antes, ás 18:00h, tocará a banda de moda da cidade, Leria, cos seus pegadizos e frescos ritmos, antes dos tamén herculinos Doctor Snob, dúas xeracións unidas no Campo da Leña.

Horarios Noroeste venres 8 agosto 2025

O Festival Noroeste por fin ten Cartel

Máis novas

A Coruña quere Noroeste

O devir do Noroeste tras convertirse no “mellor festival do estado”

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

 

ÚLTIMAS

Viñetas desde o Atlántico inaugura unha nova edición con aposta pola internacionalización e diversificación

A 28 edición do Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico abrirá as súas portas do...

Media entrada en Riazor

Parece que lonxe quedarán aquelas xornadas de 80.000 persoas en Riazor. O devir do...

A comarca da Coruña enfróntase a problemas de abastecemento por colapso das infraestruturas

Os Concellos de Bergondo, Sada e Oleiros advertiron de problemas de abastecemento de auga...

A UDC participa nun proxecto europeo para impulsar a eólica mariña flotante no Atlántico

A Universidade da Coruña (UDC) participa nun proxecto europeo para impulsar a eólica mariña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here