Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi Gras. A mítica sala de Monte Alto volve tras un mes de descanso, e faino cun mes de setembro no que recibirá bandas de todo o planeta.
Para abrir a temporada, este sábado 30 de agosto, chegan The Avengers dende San Francisco. Unha banda punk fundada nos anos 70, teloneira dos Sex Pistols no lendario concerto onde o público escoitou a frase: “Algunha vez tiveste a sensación de que che están estafando?”. Pois ben, este sábado no Mardi Gras, ninguén se sentirá estafado con The Avengers, con dous membros orixinais desatando a súa paixón sobre as placas. O concerto comeza ás 23:00.
Desde ese día e ata o 15 de decembro, 20 bandas de México, Brasil, Croacia, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Canadá e, por suposto, varias dos Estados Unidos actuarán no popular barrio da Coruña.
As tres primeiras datas de setembro son en colaboración co ciclo Elas Son Artistas. O martes 9, veremos a Sarah Lee Guthrie, pechando a súa xira española na Coruña, acompañada por primeira vez pola súa filla Robin e a súa sobriña Serena. Tres voces fantásticas con harmonías levaranos do folk ao doo-wop nunha noite imperdible para ningún fan de Bob Dylan, xa que a súa carreira comezou imitando e admirando profundamente o avó e o bisavó dos cantantes.
O xoves 11, a comunidade brasileira da cidade actuará co cantautor Jacque Falcheti, que chega desde São Paulo co seu proxecto Crua. As entradas pódense mercar desde 10 euros anticipadamente en Rockbox e Creedence Rock Bar, así como en Entradium.com.

AMAZING FESTIVAL – SALA MARDI GRAS – SETIEMBRE A DICIEMBRE
|
|||
Agosto | 30/08 | The Avengers (U.S.A.) | 1 |
Setembr | 09/09 | Sarah Lee Guthrie ft. Guthrie Famuly Singers (U.S.A.) | 2 |
11/09 | Jacque Falcheti (Brasil) | 3 | |
14/09 | Hannah Aldridge (U.S.A.) | 4 | |
Outubro | 11/10 | Vanja Sky (Croacia) | 5 |
19/10 | Juliet’s Not Dead (U.K.) | 6 | |
22/10 | Franck Carducci & Mary Reynaud (Francia) | 7 | |
Novembro | 02/11 | Bikini Beach (Alemania) | 8 |
09/11 | WyattE (Bélgica) | 9 | |
10/11 | Los Sustos (México) | 10 | |
11/11 | ByWater Call (Canadá) | 11 | |
17/11 | Ward Hayden & the Outliers (U.S.A.) | 12 | |
19/11 | BANDAS ALEMANAS SIN CONFIRMAR AL 100% | 13 | |
23/11 | The Meteors (U.K.) | 14 | |
25/11 | Bob Wayne & The Outlaw Carnies + Jay Munly (U.S.A.) | 15 | |
Decembro | 02/12 | The Spitters (Francia) | 16 |
07/12 | The Molotovs (U.K.) | 17 | |
15/12 | Pythies (Francia) | 18 |
Máis novas
Océano Eskizo, unha banda de míticos herculinos, debutará nas Noites do Porto
A Sala Mardi Gras celebra este mércores os seus 3.000 eventos en directo