InicioA CORUÑADetido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana...

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

Publicada o

Por europapress

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade da Coruña. As vítimas foron trasladadas polo 061 a centros hospitalarios, no entanto, “ningunha en estado moi grave”.

Un turismo arroiou aos peóns cando “estaban a cruzar debidamente” por un paso de peóns. O suceso produciuse este mércores, día 27, ás 12.20 horas na rúa Juana de Vega. Ata o lugar dos feitos desprazáronse membros da Policía local e do 061. “

O condutor, nacido en 1974 e con domicilio na Coruña, estaba aparcado nunha área
reservada de Juana de Vega e arrincou o coche cando as persoas comezaron a cruzar,
segundo el mesmo recoñeceu aos axentes. Os feridos son persoas de distintas
procedencias, a máis nova é unha nena nacida no 2021 e o de maior idade, de 1950.

O home foi detido e nas últimas horas se lle practicaron as correspondentes probas de
drogas e alcohol. Está previsto que sexa examinado por persoal sanitario para a súa
avaliación médica e psiquátrica.

Imaxe do atropelo en Juana de Vega- Foto laiosaCASP
Imaxe do atropelo en Juana de Vega- Foto @laiosaCASP

ESTADO DOS FERIDOS

Segundo o parte médico facilitado polo servizo sanitario, o seis persoas feridas foron trasladadas ao Complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac); cinco delas ao Servizo de Urxencias do Chuac e unha menor de idade ao Materno Infantil.

Entre as vítimas, tres adultos atópanse en estado grave con diversas lesións, son dúas mulleres e un home. Os outros dous adultos, un home e unha muller, presentan prognóstico leve.

ÚLTIMAS

Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro

Despois das activadas a semana pasada en Monte Alto, Vioño e Lonzas, o Concello...

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi...

O Concello da Coruña reunirase co sector hosteleiro para abordar a taxa turística

Representantes do Concello da cidade herculina e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña...

GLS Spain consolida a súa presenza en Galicia cunha nova nave na Coruña

GLS Spain reforza a súa presenza na comunidade galega coa apertura dunha nova nave...