InicioA CORUÑAArrinca na Praza de Pontevedra a Semana da Mobilidade

Arrinca na Praza de Pontevedra a Semana da Mobilidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende hoxe martes 16 e ata o 22 de setembro, a Praza de Pontevedra acolle unha marea de actividades no marco da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa a escala continental que conta, un ano máis, coa participación do Concello, en colaboración co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Baixo o lema #MobilidadeParaTod@s, e despois de ter aprobada en pleno a nova ordenanza de mobilidade, esta cita serve para seguir fomentando o respecto ao peatón e o uso dos vehículos ciclables e o transporte público compartido.

O acto inaugural da SEM2025 terá lugar o vindeiro martes 16 ás 13.00 horas, en colaboración coa Compañía de Tranvías da Coruña, a asociación STOP Accidentes e tamén profesionais dos servizos municipais da Policía Local, a Concellaría de Medio Ambiente e do Centro Integral de Mobilidade (CiMob).

Haberá actividades de educación viaria con centros educativos da cidade, tamén de divulgación medioambiental e talleres de formación e orientación sobre a circulación en bicicleta. Tamén haberá foro participativo no que explicaremos ao detalle a nova ordenanza de mobilidade sostible, que terá lugar o mércores 17, a partir das 10.40 horas, no salón de actos do IES Eusebio da Guarda.

Outra das xornadas destacadas na SEM2025 que se celebrará na Coruña será o Día Europeo sen Coches, que terá lugar o domingo 21 de setembro con actividades de concienciación en materia de mobilidade e a colaboración da DGT, Stop Accidentes, Mobiliza e Galicia Rollers.

Ademais, o Concello colaborará con asociacións como Mobi-liza, a Agrupación de Montañeros Independientes (AMI) e Galicia Rollers na organización de roteiros didácticos, saídas de marcha nórdica e unha nova edición da Friday Mobility Night.

Tamén haberá sorteos de agasallos entre as persoas usuarias do servizo de transporte urbano entre os días 16 e 22, semana na que A Coruña tamén participará no Reto Europeo de Pasos, unha campaña a nivel europeo na que a cidade compite por ser a urbe que máis camiña, a través dun desafío colectivo coa app Walk15.

Podedes descargar aquí o programa completo da Semana da Mobilidade da Coruña.

 

Outras novas

Aberta a inscrición para roteiros didácticos para usuarios de BiciCoruña

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

ÚLTIMAS

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

Piden accións concretas para salvagardar os murais de Lugrís da rúa Olmos

Seguen pasando os meses, e segue chovendo sobre os murais de Lugrís. O edificio...

A mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación pedagóxica

Xa quedou o ano pasado segunda mellor mestra de Secundaria de toda España nos...

A 4ª edición de “A Coruña Global” volta á DOMUS da man de Touriñán e Yolanda Castaño

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organiza este xoves 18 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here