InicioBARRIOSAs Festas da Cubela mergullan o Parque de Oza nos ritmos xamaicanos

As Festas da Cubela mergullan o Parque de Oza nos ritmos xamaicanos

Publicada o

Por editor

Este sábado 20 e domingo 21, ademais das Festas Diplomáticas de Monte Alto as festas dos barrios teñen parada tamén en Oza. As Festas da Cubela traen ao Parque de Oza unha marea de Soundsystem, eses ritmos de raíces xamaicana que encherán os peitos dos asistentes de boas vibracións.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by ladydyabla89 (@lady_dy_abla)

Horarios

O sábado arrincará ás 18:00h cunha sesión da man do colectivo herculino Delirium Soundsystem. Ás 19:00h chegan dende Lugo Píntega Helen & Fer, cunha combinacióin entre lendas do dub e o seu violín.
A partir das 20:40h, case dúas horas con Chapamama Crew, dende Vigo, percorrendo diferentes estilos da cultura xamaicana, rnb e hip hop, acompañadas de @lady_dy_abla que fará alucinar cunha demostración brutal de dancehall.
A partir das 22:20h entrará en escena Marziah, dende o Bierzo, para deixar paso a partir da media noite e ata as 2:00h, de novo coa familia herculina de Delirium acompañados de @Visinelrisipitoru no baixo e @san_andriux coa súa selección dende Asturias.

Domingo de sesión vermú

O domingo será máis popular comezando co concerto para crianzas de Dúo Chilu. As 14:45 sae a banda El Corta ao escenario coas súas cumbias. Xa ás 17:00h o gran Pablo Balseiro.

ÚLTIMAS

O SUP defende a actuación policial tras a morte do home que ameazou a axentes cun coitelo

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) defendeu a actuación policial tras a morte dun...

O goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación Luís Seoane

Segue o goberno local menosprezando a Fundación Luís Seoane, no marco dos complicados temos...

Mar de Fábula realiza educa e conciencia medioambientalmente ao CIS

Continúa viva a colaboración da Asociación Mar de Fábula co CIS (Centro de Inserción...

Morre un home na Coruña que ameazou uns policías que acudiron alertados polos veciños

O falecemento dun home na Coruña no marco dunha actuación policial supuxo a apertura...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here