Tamén están en loita neste axidato comezo de curso os colexios de Culleredo ante a falta de profesorado, como están os colexios de Oleiros e de media Galicia. Tanto CEIP Isaac Díaz Pardo, o CEIP Sofía Casanova, o CEIP Tarrío ou o CEIP Ría do Burgo xa trasladaron ao Concello as súas queixas despois de semanas de negociacións improdutivas.
Así, hoxe é o Concello o que lembra que ten pedida desde fai máis dun ano unha reunión coa Consellería para abordar a falta de investimentos nos centros, pero que tamén “o
inicio de curso pon de relevancia a carencia de recursos humanos suficientes e un mes despois a Consellería de Educación segue sen resolvelo”.
A problemática é variada nos cinco colexios do termo municipal. E en xeral, nos centros, sofren unha escaseza de profesorado de apoio para alumnado con necesidades especiais. Trátase esta de unha queixa habitual, por desgraza, no inicio de cada curso.
Nos CEIP Tarrío e Ría de Burgo, por exemplo, padecen unha redución de horas en Infantil dado que dúas profesoras de cada centro deben realizar labores de dirección. Solicitaron por ese motivo un apoio en Infantil, pero a Consellería segue sen atendelo.
En Tarrío están a padecer tamén unha saturación de alumnado nas aulas de 4º de primaria. Por iso, o ANPA reclamou unha nova liña, sen que ata o momento fose aceptada pola Xunta.
Reformas
A pesar de que os CEIP contan con varias décadas de vida (o CEIP Isaac Díaz Pardo ten 33 anos, o CEIP Sofía Casanova ten 44, e o CEIP Tarrío 51) sen unha reforma integral, a administración autonómica persiste no seu “abandono” a Culleredo.
Máis novas
O CEIP Plurilingüe de Tarrío segue cumprindo os seus 50 anos de vida
Outras novas dos recortes no ensino
A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio