InicioA CORUÑAChoivas, ondas, treboadas e vento activan hoxe os avisos na Coruña

Choivas, ondas, treboadas e vento activan hoxe os avisos na Coruña

Publicada o

Por europapress

Precipitacións, ondada, treboadas e vento activarán este xoves os avisos nun total de seis provincias, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

En concreto, con avisos por choiva estarán Alacante, Valencia, A Coruña, Pontevedra, Eivissa e Formentera, Mallorca e Menorca. Respecto dos avisos por treboadas daranse en Eivissa e Formentera, Mallorca e Menorca, mentres que os avisos por ondada espéranse na Coruña, Pontevedra e Almería. Ademais, A Coruña tamén terá avisos por ventos de ata 80 quilómetros por hora (km/h).

O AEMET prevé para este xoves que os restos das baixas presións que afectaron este mércores á Península se despracen cara ao leste, mentres que unha circulación atlántica acompañada dunha fronte entrará polo oeste pola tarde.

Así, os ventos en Galicia poden ser fortes ou moi fortes a partir da tarde e moderados ou puntualmente fortes no resto, acompañados de fortes chuvias, que aguantarán ata a madrugada. 

Para mañá venres mellorará a cousa, cuba subida de temperaturas, unha baixada do vento e unha alternancia de nubes e claros, se ben é posible que volva chover pola noite, para o Samaín. 

ÚLTIMAS

O BNG pregunta polo incumprimento da Lei de Memoria Democrática

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai levar ao Pleno do vindeiro 9 de...

O Areal da Torre, un pouco máis limpo gracias aos salvadores do CIS e de Mar de Fábula

Convertir a protección do medioambiente nun axente de reinserción social. É o principal obxectivo...

En marcha a construción do centro de apoio ás escavacións arqueolóxicas no Castro de Elviña

Nova aposta polo Castro de Elviña, un deses tesouros patrimoniais da cidade pouco aproveitados. Falamos...

A Coruña convértese este ano na capital nacional do lecer nocturno

A Coruña ostentará este ano a capitalidade nacional do lecer nocturno con encontros, foros...