InicioCULTURAAntonio Fernández Amil publica “¡Viva Santa Eulalia!”

Antonio Fernández Amil publica “¡Viva Santa Eulalia!”

Publicada o

Por editor

Antonio Fernández Amil, vigués afincado na Coruña dende hai anos, vén de lanzar unha nova novela coral, tenra e disparatada, ambientada nunha vila galega onde a fe se confunde coa superstición, a devoción co vermú e o incenso coa marihuana.

O texto, de 350 páxinas, narra a aventura ao redor de Tinín, un neno que fai da inocencia unha forma de insolencia e que é elixido para representar á santa na procesión local.

En Viva Santa Eulalia! desfilan bispos e gardas civís, mestres e pícaros baixo a mirada dun humor acedo e entrañable. Cunha prosa áxil e diálogos punzantes, Fernández Amil constrúe unha comedia sacra, un esperpento litúrxico, unha historia desmadrada chea de personaxes inesquecibles que rin, dubidan, loitan e aman. En definitiva, unha sátira feroz e fermosa sobre o divino e o humano, perfecta para lectores dun Valle-Inclán posmoderno, de Mendoza, ou fans de Corda e Berlanga. En palabras do autor: “esta novela non pide fe, pide humor”, e engade: “se a vida non pode tomarse demasiado en serio, a literatura menos aínda”.

O autor publicou en 2022 xunto a Esther Rey e Alicia Tojeiro Non deixarei de buscarche. A historia de Quin (Ed. Galaxia, ISBN 978-84-9151-959-1). Viva Santa
Eulalia! é o seu segundo libro

ÚLTIMAS

O Parlamento apoia crear na Coruña o Centro Europeo de Referencia en Investigación en Recursos Humanos

O Parlamento de Galicia manifestou o seu apoio institucional á creación do Centro europeo...

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

O barrio do Agra do Orzán suma un novo, pero insuficiente espazo verde. O...

O Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

Interesante conversa arredor da auga, o patrimonio e a paisaxe a que se viviu...

Nove de cada dez titulados da UDC atopan emprego no primeiro ano

Nove de cada dez persoas egresadas na Universidade da Coruña (UDC) que se incorporan...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here