InicioBARRIOSAsí será a pista multideporte de Monte Alto

Así será a pista multideporte de Monte Alto

Publicada o

Por Redacción

A semana pasada o Concello licitaba a pista multideporte de Monte Alto. Unha pista que xa foi aprobada nos Orzamentos Participativos de 2023, trala solicitude das catro ANPAs do barrio, e que será unhá realidade neste primeiro semestre de 2026.

A pista estará situada no sector oeste do parque Carlos Casares. Concretamente, entre a rúa Faro Finisterre e as instalacións do Centro de Inserción Social.

A pista contempla zonas para xogar ao baloncesto, fútbol-sala, balonmán, voleibol, hóckey e mini-basket.

O investimento previsto polo Concello é 237.000 euros. Toda vez se adxudiquen as obras, estímase un prazo de execución de 3 meses.

Poden descargar aquí o proxecto de construción.

pista monte alto cop2ia

Máis novas

Licitan a pista multideporte para Monte Alto solicitada polas ANPAS

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

ÚLTIMAS

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Vai collendo forma o ”delirio urbanístico” de Visma. Ese espazo que ben puido ser...

Félix Arias lanza un novo disco “feito na casa”: “Entre as urxencias, fixen o importante”

Este venres 9 de xaneiro volve subir ao escenario da Mardi Gras un mítico...

Persoal das escolas deportivas municipais da Coruña secunda unha nova xornada de paro en demanda dos seus salarios

Xa avisaban de que a pesar do rescate por parte do Concello, continuarían as...

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro ao oeste da Coruña con ondas de ata seis metros

A Xunta de Galicia ampliou para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here