InicioBARRIOS"Memoria Veciñal", botou a andar o novo proxecto de FAVA 

“Memoria Veciñal”, botou a andar o novo proxecto de FAVA 

Publicada o

Por Redacción

O Espazo Veciñal do Birloque acolleu onte a presentación do proxecto “Memoria Veciñal”. Unha iniciativa da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) creada para recompilar, identificar e conservar o legado histórico do movemento veciñal da cidade a través de testemuños orais  dos seus protagonistas por medio de grabacións audiovisuais e dun arquivo documental físico.

Nesta primeira fase, fixéronse entrevistas en profundidade a catro persoas de referencia no asociacionismo coruñés: Manuel Vales, Isabel Fouz, María José Cebreiro e Margarida  Vázquez, que formaron parte ao longo da súa dilatada presencia no movemento veciñal de diversas entidades da cidade, así como da propia Federación. Durante o acto presentouse un pequeno tráiler con fragmentos breves destas entrevistas e, a partir de decembro, cada semana, a Federación publicará os vídeos completos coas entrevistas.

O proxecto inclúe ademais a creación dun arquivo físico destinado a conservar documentación histórica tanto da Federación como das asociacións veciñais que se adhiran ao proxecto, co obxectivo de evitar a perda dun patrimonio documental esencial para comprender a evolución dos barrios e as loitas veciñais na cidade.

A presidenta da Federación destacou que “Memoria Veciñal pretende dar voz a quen construíu, co seu traballo e a súa constancia, moitas das melloras que hoxe gozamos na Coruña. Era unha débeda pendente recuperar e protexer esta historia, recoñecer o esforzo de tantas persoas e poñer en valor a memoria colectiva do movemento veciñal”.

A Federación anunciou tamén que este proxecto terá continuidade en 2026, ampliando o número de entrevistas e convidando a máis asociacións, persoas e institucións a colaborar.
A iniciativa realizouse grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, cuxo apoio fixo posible o desenvolvemento desta primeira fase, así como da colaboración do Concello da Coruña.

Máis novas

A Gaiteira reivindica as rúas con nome de muller

 

ÚLTIMAS

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

Despois de meses de problemas cos impagos por parte de Serviplús e de mobilizacións...

A Filmoteca de Galicia abre a programación cun repaso pola obra do galego Iván Castiñeiras

A Filmoteca de Galicia abre a programación de 2026 cunha carteleira mensual que reúne...

Frío está o que frío estaba

Xornada 20 – Deportivo 2 – Cádiz CF 2 Frío comezo dun ano...

En liberdade o home detido o sábado por malos tratos á súa parella na Coruña

A xuíza de garda decretou liberdade para o arrestado por un delito de malos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here