InicioCULTURACarolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

Carolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

Publicada o

Por Redacción

Sempre é agradecida a volta dunha das mulleres máis visibles da rede estatal á súa cidade. Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos (con case medio millón de siareiros só en IG) volve á Coruña da man co colectivo Les Coruña.

A escritora, cómica e comunicadora oleirense volverá no marco  do programa anual de actividades de Les Coruña pola visibilidade lésbica. Iglesias ctuará no Claro Boba!, na Rúa do Socorro 37, nunha cita patrocinada polo Concello da Coruña e que promete ser unha mestura de humor, reflexión e festa comunitaria.

“Xúntanse dúas cousas que me encantan: estar na Coruña, na miña terra, e o colectivo LGTB do que formo parte, defendo sempre que podo e polo que creo que hai que alzar a voz”, explica Carolina. Conta que se sente especialmente acompañada nestes eventos e que tenta devolver ese apoio. “Faime moita ilusión que se faga este tipo de eventos na miña terra e que as persoas do colectivo sexan cada vez máis visibles e sintan menos medo. Non todas as realidades son como as que temos preto”.

O encontro será distendido e interactivo. De feito, Carolina avanza xa o ton: “Imos pasar un bo rato e aprender. Sobre todo eu. Vou preguntar cousas. Trátase de que as persoas que veñan se sintan a gusto, como na casa, coñezan outras persoas, fagan amigas e ata liguen! Eu aí xa non me meto”.

Desde Les Coruña destacan o significado de contar con Carolina nesta celebración. A presidenta da asociación, Sandra López, resume así o obxectivo da actividade: “Promover a visibilidade lésbica, xerar referentes positivos, fomentar o diálogo e a reflexión e crear comunidade. Trátase de fortalecer redes e construír vínculos entre nós”. E engade: “Carolina é unha referente na visibilidade lésbica e das persoas bisexuais. Para nós é moi importante a súa presenza na Coruña”.

As portas da sala abriranse ás 21.00 horas. As entradas están dispoñibles en venda anticipada neste enlace e tamén poderán adquirirse na propia sala o día do evento. Antes da charla, a marca sueca líder en produtos eróticos de alta calidade, Lelo, impartirá un obradoiro centrado na sexualidade feminina.

ÚLTIMAS

Izan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en toda España

Izan Voluntario leva dous anos limpando areais de toda Galicia. A través das redes (el...

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

Vai collendo forma o ”delirio urbanístico” de Visma. Ese espazo que ben puido ser...

Feijóo reúne esta fin de semana na Coruña aos parlamentarios do PP para marcar a estratexia de 2026

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, reunirá esta fin de semana en Galicia...

Félix Arias lanza un novo disco “feito na casa”: “Entre as urxencias, fixen o importante”

Este venres 9 de xaneiro volve subir ao escenario da Mardi Gras un mítico...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here