InicioOLEIROSA mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación...

A mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación pedagóxica

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa quedou o ano pasado segunda mellor mestra de Secundaria de toda España nos Premios Educa Abanca. Este ano está xa entre as 10 finalistas a este premio, pero mentres, a de Santa Marta de Babío (Bergondo) e residente en Oleiros vai colleitando outros recoñecementos.

Fina Paulos é mestra do IES Maximino Romero de Lema de Baio, e xunto co seu compañeiro, o costeiro Óscar Rey Calo, veñen de ser recoñecidos co primeiro premio na categoría 3 — Modalidade B (Recurso Educativo Aberto elaborado por dous docentes) nos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do Alumnado 2025.

Este galardón pon en valor a traxectoria de ámbolos dous docentes no ámbito da innovación educativa e da investigación aplicada á práctica docente, cunha clara orientación cara á atención á diversidade, a inclusión e o compromiso social, así como o uso consciente, crítico e transformador das tecnoloxías dixitais no ensino.

O proxecto premiado consiste na creación dun Recurso Educativo Aberto (REA) a partires dunha experiencia didáctica, de entre as moitas que estes profesores levaron a cabo nas súas aulas o curso académico 2024-25. Nesta ocasión, o valor diferencial do traballo non reside unicamente no proxecto orixinal, senón no proceso de análise, adaptación e sistematización pedagóxica desenvolvido para converter a experiencia nun recurso aberto, reutilizable e replicable en calquera centro educativo do Estado, independentemente do seu contexto.

”Este premio supón tamén unha clara aposta por unha educación dixital con responsabilidade social, que fomenta a transferencia de coñecemento entre o profesorado, o traballo colaborativo e a construción dunha escola pública máis xusta, inclusiva e innovadora”, explica Paulos. “Agradecemos a colaboración de todas as persoas e entidades implicadas neste proceso, que pon en valor a educación galega, pública e rural como espazo de innovación, investigación e excelencia pedagóxica”.

Porque non todo son malas novas no ensino público galego…

Máis novas

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

A mestra oleirense Fina Paulos lanza un novo libro sobre o uso nas aulas da Intelixencia Artificial

ÚLTIMAS

Acepta un ano e tres meses de cárcere por subtraer 75.000 euros ao seu pai con deterioración cognitiva

Unha muller acusada de retirar da conta do seu pai, que sufría deterioración cognitiva,...

Inés Rey corta de raíz as especulacións de aspiracións políticas tras o caso Tomé: “Xa dixen todo o que tiña que dicir”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, rexeitou vincular a súa esixencia ao...

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

A alcaldesa da Coruña reclama á Xunta un consorcio metropolitano de transporte

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandou á Xunta a creación dun consorcio metropolitano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here