A moza que, na tarde do sábado, foi supostamente acoitelada no seu piso da Coruña faleceu na madrugada do domingo debido á “gravidade” das lesións que presentaba. Así o informan fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde permanecía ingresada a vítima tras o suceso, que tivo lugar ao redor das 14.00 horas no Paseo da Rolda e levou a deter a un home acusado de tentativa de homicidio.
Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, o acusado supostamente feriu cunha arma branca á agora falecida, unha compañeira do piso que compartían con outras persoas e no que se rexistrou un incendio, cuxas causas se investigan.

