InicioECONOMÍAFolga no comercio téxtil da Coruña para frear a imposición dun convenio...

Folga no comercio téxtil da Coruña para frear a imposición dun convenio estatal

Publicada o

Por europapress

Os sindicatos CIG e UGT convocaron folga no comercio téxtil na provincia da Coruña este mércores, día 7, en demanda dun marco galego “que blinde os convenios provinciais fronte ao estatal”. Con motivo do paro de 24 horas fixado, convocaron unha manifestación desde a praza de Lugo, a partir das doce do mediodía.

Nun comunicado, as centrais sindicais rexeitan que o sector estea regulado por un convenio estatal que, apostilan, “reúne peores condicións” e que, engaden, “pretende implantar a patronal ARTE”, integrada polas grandes empresas do sector. Tamén cualifican de “exitosas” as mobilizacións de decembro e afirman que o empresariado “aceptou na última reunión a prioridade da negociación autonómica”.

A CIG explica que, por iso, solicitou, a través do Consello Galego de Relacións Laborais, “reunións coas patronais provinciais para pactar un acordo marco galego que estableza a prioridade aplicativa dos convenios provinciais“, sen ter por agora resposta. A iso, atribúen a nova convocatoria de folga.

ÚLTIMAS

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

Despois de meses de problemas cos impagos por parte de Serviplús e de mobilizacións...

A Filmoteca de Galicia abre a programación cun repaso pola obra do galego Iván Castiñeiras

A Filmoteca de Galicia abre a programación de 2026 cunha carteleira mensual que reúne...

Frío está o que frío estaba

Xornada 20 – Deportivo 2 – Cádiz CF 2 Frío comezo dun ano...

En liberdade o home detido o sábado por malos tratos á súa parella na Coruña

A xuíza de garda decretou liberdade para o arrestado por un delito de malos...