InicioDEPORTESFrío está o que frío estaba

Frío está o que frío estaba

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 20 – Deportivo 2 – Cádiz CF 2
  • Frío comezo dun ano 2026 para un Dépor que segue sen levantar cabeza
  • Vixésimo encontro de Antonio Hidalgo como adestrador do Deportivo  (9V 6E 5D).

— —

O de onte non foi un partido sinxelo para o Dépor despois das tres derrotas consecutivas coas que finalizaba a o ano 2025. A pesar das novas fichaxes e dos trocos en defensa, a vitoria segue sen chegar para a parroquia branquiazul. Goles de rebote, pouca concentración nos goles do Cádiz e a sensación de que a única solución os marcadores en contra é sacar dianteiros sen ton nin son.

Xusto cando a primeira volta está a piques de rematar, hai un patrón que se repite nesta tempada: o Dépor non sabe remontar partidos, sen embargo si é un equipo ao que lle remontan. En ata catro ocasións os rivais foron quen de sacar algo positivo a pesares de que o Depor se adiantara no marcador (Eibar, Racing, Castellón e Cádiz), máis o Depor so puido igualar tres marcadores nos que comezou perdendo (Leganés, Almería e Valladolid). Primeira nota de debilidade.

Outro punto de preocupación é que fronte aos rivais polo ascenso o equipo non mostrou o nivel que estes partidos exixe. Tras enfrontarse a catro dos cinco rivais que lle acompañan nos postos de ascenso ou promoción, só lle gañou a o Ceuta en Riazor, cun marcador moi axustado e pedindo a hora. Dúas derrotas fronte Racing e Castellón e un empate con Almería acompañan a esta pírrica vitoria. Segunda nota de debilidade.

Ademais, Riazor segue sendo un chollo para os rivais: 16 puntos de 30 posibles na casa. Se algo caracteriza aos equipo que ascenden e a fortalezo coma local, algo que este Depor tampouco amosa. Terceira nota de debilidade.

Por último, é ben notorio a fraxilidades defensiva deste equipo. Có debut de Alti xa son catro os xogadores que ocuparon o lateral dereito (Ximo, Loureiro, Noubi e o propio Alti), tres os nomes  que actuaron coma central dereito (Arnau, Loureiro e Noubi) o que amosa onde están os problemas a arranxar. A defensa dun aspirante ten que ser sólida en nomes e en resultados e ámbalas dúas estanlle a faltar ao equipo.

O mercado de inverno ofrece unha mínima posibilidade de remendo, mais non soe ser a solución aos problemas dos que falamos. Recuperar a concentración atrás, manter un esquema fixo de xogadores, fortalecer a fame de vitorias e converter Riazor nun fortín. Co mes de xaneiro que temos por diante, saberase se estamos en condicións de pelexar por cotas maiores ao final da tempada.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

ÚLTIMAS

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

Despois de meses de problemas cos impagos por parte de Serviplús e de mobilizacións...

A Filmoteca de Galicia abre a programación cun repaso pola obra do galego Iván Castiñeiras

A Filmoteca de Galicia abre a programación de 2026 cunha carteleira mensual que reúne...

En liberdade o home detido o sábado por malos tratos á súa parella na Coruña

A xuíza de garda decretou liberdade para o arrestado por un delito de malos...

Dous roubos en Correos na Coruña deixan desaparecidos unha vintena de paquetes

A Policía Nacional abriu unha investigación tras o roubo dunha vintena de paquetes en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here