InicioECONOMÍAA CIG pide ao Concello da Coruña que garanta o cobro dos...

A CIG pide ao Concello da Coruña que garanta o cobro dos salarios do persoal do programa Lecer

Publicada o

Por europapress

Unha vez que o Concello vén de rescatar as Escolas Deportivas Municipais, a CIG-Servizos demandou ao goberno municipal da Coruña que “de inmediato, tome as medidas necesarias para garantir que o persoal do programa ‘Lecer’ poida cobrar os seus salarios con normalidade. “A empresa Serviplus, que xestiona este servizo, débelle ás 48 traballadoras e traballadores a nómina completa de decembro, a paga extraordinaria de Nadal e cantidades diversas de meses anteriores”, sinala nun comunicado.

O sindicato lembra que Serviplus “é a mesma compañía que xestionaba ata agora as escolas deportivas municipais” e que a Xunta de Goberno local aprobou de urxencia a subrogación do persoal destas instalacións a Emvsa, así como que a empresa municipal se faga cargo do pago dos soldos. “Ante a insolvencia manifesta de Serviplus, CIG-Servizos reclama ao Concello da Coruña que adopte esta mesma resolución, ou unha medida semellante, para o programa ‘Lecer'”, engade.

Máis novas

Persoal das escolas deportivas municipais da Coruña secunda unha nova xornada de paro en demanda dos seus salarios

Confirman a viabilidade, extraoficial, das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

ÚLTIMAS

Oito formacións competirán na Coruña na batalla de bandas das Flores Rock o 16 de maio

A batalla de bandas do festival Flores Rock celebrará na Coruña unha nova edición...

Unha libraría da Agra do Orzán celebra este sábado a primeira feira da cidade dedicada a exemplares con taras

A libraría Galgo Azul, na Coruña, acollerá este sábado, 11 de abril, o I...

Noites do Porto celebrará un concerto sorpresa no peirado na noite de San Xoán

Segue avanzando a programación do festival Noites do Porto. O festival que mellor coida...

BNG e PP urxen ao goberno local da Coruña explicacións e medidas polo remanente negativo en 2025

A filtración dun informe do Interventor sobre a Liquidación de 2025 do Concello da...