InicioDEPORTESO Deporte coruñés únese ao Brazalete da Esperanza

O Deporte coruñés únese ao Brazalete da Esperanza

Publicada o

Por Redacción

Fermosa iniciativa a que se vivirá esta fin de semana co gallo do Día Mundial Contra o Cancro. Deporte e solidariedade fúndense co gallo desta xornada tan especial que o país celebra cada 4 de febreiro, e da man Asociación Española contra o Cancro, lánzase, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa Brazaletes de Esperanza, que este ano leva por lema “O símbolo que nos une.”

A iniciativa consiste en portar un lazo de cor verde —o símbolo da Asociación e a cor da esperanza— co obxectivo de visibilizar e converter o brazalete nunha cor universal contra o cancro que acompañe, sosteña e humanice a enfermidade.
Este ano, Brazaletes de Esperanza busca sensibilizar á sociedade unindo o deporte ao redor das persoas con cancro, as súas familias e quen as coida. O obxectivo é poñer o foco nas diferentes necesidades coas que conviven os pacientes e familiares, reivindicando un modelo de atención integral adaptado a cada realidade.

Todos os clubs da cidade implicados

Liceo HC en Brazaletes de Esperanza 2025
O Liceo HC en Brazaletes de Esperanza 2025

Durante as xornadas de fin de semana do 30 de xaneiro e 6 de febreiro, os xogadores dos clubs que participen na iniciativa sairán ao campo cunha cinta similar á que se adoita utilizar nos momentos de loito, pero en lugar de negra, será de cor verde, simbolizando a esperanza fronte á enfermidade.

Contará coa participación dos equipos das competicións oficiais da RFEF, LALIGA EA SPORTS, HYPERMOTION, GENUINE Moeve, Liga F Moeve, Federación Española de Baloncesto, Liga Endesa ACB, Real Federación Española de Balonmán, Liga NEXUS Energía ASOBAL, Real Federación Española de Rugby, Real Federación Española de Hockey ou a Real Federación Española de Voleibol.

En Galicia a iniciativa conta co apoio de varias federacións e organismos deportivos como a Real Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Baloncesto, Federación Galega de Balonmán, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Patinaxe, Federación Galega de Voleibol e o Clúster Galego do Deporte. Participarán ademais equipos de diversos deportes que axudarán a dar a máxima voz posible á acción.

Na Coruña, o RC Deportivo sumarase á iniciativa no estadio de Riazor durante o encontro do Dépor Abanca feminino fronte ás xogadoras do Real Madrid este domingo 1 de febreiro. O equipo masculino unirase tamén a fin de semana seguinte durante o partido contra o Albacete o domingo 8 de febreiro.

O Leyma Coruña, portará os brazaletes o 1 de febreiro fronte ao Melilla Cidade, e o Hockey Club Liceo sumarase á acción nos seus partidos contra o Benfica o 5 de febreiro e contra o Barça o 8 de febreiro.

Ademais, participan tamén as Escolas Deportivas Municipais da Coruña, Club Rugby Coruña C.R.A.T, 5 Fútbol Sala Coruña, Vitoria C.F., Club Maristas Coruña, Real Club de Golf da Coruña, Club Pelota Coruña, Real Club Náutico da Coruña, Sporting Club Casino, Club Voleibol Ciudad de A Coruña, Victoria string Voley, Club Voleieta Zalaego, Hockey Club Riazor, Marineda Hockey, Club Halterofilia Coruña, O.A.R. Coruña, Brigantium Balonmán, Club Rítmica Coruña, Club Salesianos Coruña, C.D. Calasanz, Club Esclavas Coruña, Franciscanos Coruña, ximnasio CSC Matogrande e a ciclista Eva Castro.

ÚLTIMAS

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375 millóns

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva (cos votos a favor do PSOE...

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos...

Afectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora en Matogrande

Dúas persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora nunha...

Detidos por roubar 900 euros e causar danos por valor de 1.900

A Garda Civil detivo a catro persoas como presuntas autoras de oito delitos de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here