O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director xeral do Centro de Sistemas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CESTIC), o tenente xeral José María Millán Martínez, abordaron os desafíos da IA no ámbito da defensa. Foi nunha recepción na sede do organismo provincial con motivo da celebración do Cume Internacional sobre Uso Responsable da Intelixencia Artifical no Ámbito Militar este mércores e xoves na Coruña. Durante o encontro, ambos abordaron a relevancia estratéxica dunha cita que reunirá a representantes institucionais, expertos internacionais e responsables de defensa.

