InicioECONOMÍAA Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de...

A Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de desatender o mantemento dos colexios

Publicada o

Por europapress

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional negou categoricamente unha redución do investimento nos centros educativos da Coruña. O departamento autonómico respondeu así ás críticas da alcaldesa, Inés Rey, quen denunciara un recorte do 50% e reclamara maior implicación da administración galega ante os problemas detectados nas escolas.

A Xunta cualificou de “falsas” as acusacións da rexedora e cifrou en 24 millóns de euros o investimento que se está a executar nun cento de obras de modernización e rehabilitación en preto de 40 centros da cidade, todo isto baixo o marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

COMPETENCIAS E “RÉDITOS ELECTORAIS”

Desde o departamento autonómico instaron á alcaldesa a revisar o acordo coa Fegamp no marco do Pacto Local, onde se delimita que as tarefas de conservación e mantemento dos centros de Infantil e Primaria son responsabilidade do Concello. A Xunta sostén que a “falta de mantemento continuada no tempo” por parte do equipo de goberno local é o que acaba derivando en graves problemas estruturais.

Como exemplo, a Consellería sinale que a falta de limpeza de canlóns e baixantes, especialmente nun inverno tan chuvioso como o de 2026, provoca que moitos teitos acaben colapsando. O Goberno galego acusou a Inés Rey de “botar balóns fóra” desde o despacho de María Pita e de actuar pensando unicamente en “réditos electorais” en lugar de velar polo beneficio da comunidade educativa coruñesa.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...