O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos os días da semana. Falamos dun servizo fundamental para a cidadanía que nos últimos anos se consolidou como unha das principais vías de comunicación entre o Concello e a poboación da cidade.
As liñas directas de información realizan unha ampla gama de tarefas de axuda tanto en directo como en diferido, e establecen unha canle rápida e segura para obter a información contrastada do Concello, os seus servizos e as súas institucións.
O 010 recolle a maioría das chamadas que chegan á central do Concello, máis de 500.000 anuais, o que evidencia que hai un amplo equipo humano dedicado a axudar e brindando un servizo próximo e eficiente que a cidadanía valora moi positivamente.
O orzamento base do contrato ascende a 3.113.474,92 € (1.059.011,34 € anuais), cun prazo de duración de 3 anos e coa posibilidade de prórroga por outros 2 máis.
Horario do 010
De luns a venres o horario de atención será das 8.00 ás 20.00 h, 12 horas de apertura ininterrompida. Os sábados será das 9.00 ás 20.00 horas e os domingos das 10.00 ás 20.00. Os días 24 e 31 de decembro o horario será das 9.00 ás 14.00 horas, (exceptuando o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro).
Outros asuntos
Na Xunta de Goberno, aprobouse, ademais, un investimento de 1,2 millóns de euros para a construción dun parque infantil e unha zona de calistenia na praza de Portugal.
Tamén se autorizou un investimento de máis de 3,4 millóns de euros para contratar o servizo de actividades deportivas municipais.
Aproban 1,4 millóns de euros para a ampliación do parque infantil da Praza de Portugal

