A Casa Museo Casares Quiroga vivíu onte a inauguración da mostra ‘A Coruña 1930-1931. Estampas de vida e política’, unha exposición organizada por Xosé Alfeirán que reúne unha serie de fotografías, algunhas delas inéditas, que pertencen á Colección Bartolomé-Chavert.
Unha exposición fotográfica que conta ademais cunha proxección da aterrizaxe do gran hidroavión alemán DOX, “Leviatán del Aire”, o 23 de outubro de 1930 no porto da Coruña. Unha revisión sobre a declaración da II República na Coruña.
Por medio de 31 imaxes da Colección Bartolomé-Chavert dos anos 1930 e 1931, algunhas delas completamente descoñecidas, a mostra fai unha viaxe ao pasado par coñecer algúns aspectos da vida social e política da cidade nuns anos clave que van do paso da ditadura militar de Primo de Rivera á proclamación da II República.
A imaxe da mostra é a fotografía do coche que levou pola rúa Real o cadro ‘Alegoría da República’ de Román Navarro, que estaba na sede do Casino Republicano nos Catóns, para ser colocada no salón de plenos municipal o 14 de abril de 1931.


