InicioA CORUÑANova xornada de folga no persoal do comercio de alimentación en demanda...

Nova xornada de folga no persoal do comercio de alimentación en demanda de melloras laborais

Publicada o

Por europapress

Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña secundou este luns unha nova xornada de paro — tras as rexistradas o sábado, día 15, e o domingo, día 16, — en demanda de melloras salariais e laborais.

Foi con mobilización na cidade herculina onde máis de mil persoas, segundo os convocantes, percorreron a cidade nunha protesta desde o mercado de San Agustín ata a praza de Lugo.

Estas novas xornadas de paro — que afectan a supermercados e centros loxísticos — prodúcense despois de que nas dúas últimas reunións da mesa de negociación polo convenio colectivo non se producisen avances, segundo expuxeron tanto sindicatos como patronal.

CIG, CCOO, UGT e USO convocan estas xornadas de folga para esixir melloras. Neste sentido, apuntan que o empresariado “se nega a aplicar nin a máis mínima cantidade para a antigüidade e ofrece unha redución da xornada raquítica”. Tamén sosteñen que non hai unha proposta que permita garantir “salarios dignos nin unha recuperaicón real do poder adquisitivo”.

“Co que ofrecen as mesmas empresas, os persoais da Coruña non chegarían a alcanzar as condicións existentes agora en Pontevedra ata o ano 2029”, asegurou Juan Zas, secretario de Acción Sindical de CCOO Servizos Galicia.

O dirixente sindical destacou, por outra banda, o “alto” seguimento nas xornadas de folga e subliñou que hai áreas dos supermercados como charcutería ou carnicería “case sen atender” a pesar de que denunciado o uso de traballadores eventuais. Na mesma liña, Roberto Pérez, da CIG, subliñou o “desabastecemento de tendas desde hai dous meses”. Por outra banda, denunciou o “bloqueo total da negociación por parte da patronal” con avances “practicamente inexistentes”.

Neste contexto, avanzou que continuarán as protestas se non hai avances na negociación. Entre as principais reivindicacións, expuxo “garantir a revalorziación dos salarios por encima do IPC”. Ao fío diso, insistiu en que hai persoal “que leva máis de 30 anos cobrando 1.100 euros”. “O que hai encima da mesa é insuficiente”, recalcou.

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...