InicioARTEIXOA Xunta somete a información pública a obra dun poliducto para a...

A Xunta somete a información pública a obra dun poliducto para a descarga de cru de Repsol en Punta Langosteira

Publicada o

Por europapress

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes o trámite de información pública para a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións correspondentes ao proxecto de construción dun poliducto e instalacións auxiliares para a descarga de cru no porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira.

En concreto, esta actuación comprende as obras de conexión de oito tubaxes do poliducto co complexo industrial de Repsol na cidade herculina, así como a conexión dese oito tubaxes e as súas instalacións auxiliares no porto exterior de Punta Langosteira. Faise a petición de Repsol Fuels, S.A.

Así, esas conexións estarán destinadas á unión dos ductos xa construídos coas instalacións de Repsol no porto exterior e na refinaría da Coruña e a dotar no porto as instalacións complementarias e auxiliares necesarias para completar o traslado de operacións de graneis líquidos de Repsol desde o porto interior da Coruña ao exterior de Punta Langosteira en Arteixo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria así como na propia web. Segundo o anuncio publicado no DOG, as persoas que desexen presentar alegacións disporán dun prazo de 15 días hábiles.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...