InicioBARRIOSTrasladadas dúas persoas tras un incendio nunha vivenda na Coruña

Trasladadas dúas persoas tras un incendio nunha vivenda na Coruña

Publicada o

Por europapress

Dúas persoas tiveron que ser trasladas ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) tras un incendio nunha vivenda na cidade herculina.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 03.30 horas deste martes nunha vivenda situada na intersección entre a avenida de Hércules e a rúa Ramón do Cueto.

Así, foron varios particulares os que deron a voz de alarma e indicaron que no interior da vivenda había varias persoas que pedían axuda e observábase unha gran fumareda.

A central de emerxencias mobilizaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros, Policía Nacional e Local da Coruña.

Sobre as 04.20 horas, os bombeiros confirmaron que o lume estaba apagado e que arderon materiais acumulados na planta baixa da vivenda. Os servizos sanitarios evacuaron a dúas persoas en ambulancia ao CHUAC.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...