Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo persoas feridas no suceso. Segundo informou o 112 Galicia, o lume orixinouse nun coche pasadas as 3.30 horas da madrugada na rúa da Educación, no barrio coruñés de Visma.
Foi un particular o que avisou de que ardía un coche e de que había outros moi próximos que corrían perigo. Ao lugar desprazáronse os Bombeiros municipais e os axentes das policías Nacional e Local. Non constan persoas feridas a consecuencia do incendio.

