Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos de construción da duna de protección da praia de Riazor. Trátase dunha actuación preventiva que se realiza anualmente para minimizar os efectos dos temporais costeiros sobre o Paseo Marítimo durante os meses de inverno.
Segundo informa, a intervención desenvolverase ao longo da próxima semana e consistirá no levantamento dunha barreira natural de area de máis de dous metros de altura.
Esta actuación, explica, forma parte dos labores habituais de mantemento e protección do litoral que desenvolve o consistorio. Os traballos serán executados con maquinaria especializada, que desprazará e acumulará a area desde a liña de beira cara á zona próxima ao muro do paseo.
Posteriormente, os operarios procederán ao modelado e compactación do sedimento para “configurar unha estrutura en forma de noiro estable, capaz de absorber parte da enerxía das ondas e reducir o seu impacto sobre o Paseo Marítimo”.

