InicioCULTURAA Xunta declara BIC a Casa Cornide

A Xunta declara BIC a Casa Cornide

Publicada o

Por Xurxo Salgado

O Consello da Xunta acaba de declarar como Ben de Interese Cultural a Casa Cornide, sita na cidade vella da Coruña. O histórico edificio, erguido arredor do 1750, é actualmente propiedade da familia Franco e, ademais, atópase en proceso de venda, a pesar de que hai varios informes que sinalan que a súa adquisición foi irregular.

Con esta declaración, o Goberno galego pretende dotar da máxima protección a un edificio emblemático da cidade herculina e que foi residencia dun dos grandes ilustrados galegos, o humanista José Andrés Cornide y Saavedra, xeográfo e naturista.

Esta casa, case abandonada no centro da Coruña, foi obxecto de numerosas mobilizacións sociais pola intención da familia Franco de vendela.

Con todo, a declaración BIC que parte dunha solicitude iniciada en 2019 polo Concello da Coruña, que a Xunta tardou máis de ano e medio en aprobar, recoñece o “gran valor cultural” deste edificio, segundo sinalou o presidente galego, Alfonso Rueda, e obriga aos actuais propietarios, á familia Franco, a protexer os obxectos que ten no seu interior así como permitir a visita catro días ao mes.

Ao ser preguntado se sancionarán á familia Franco se non cumpre coas súas obrigas, Rueda destacou que a Xunta ten que “facer cumprir a lei” e se o réxime de visitas non se cumpre, haberá sancións, como xa aconteceu no caso do Pazo de Meirás. En relación aos obxectos que hai no interior da vivenda, o presidente galego indicou que, cando a declaración BIC sexa efectiva, “se se retira algo do seu interior será castigado”.

O Concello impulsará os trámites para recuperar a propiedade

O Concello da Coruña incorporará agora dita declaración ao expediente co que acudirá aos xulgados para demandar a propiedade do ben, en mans da familia Franco desde 1962.

O Concello tamén solicitará que, igual que se fixo con Meirás no seu día, a Casa Cornide abra de xeito inmediato ao público.

ÚLTIMAS

A UDC destaca o apoio do pleno a Medicina: “Reforza a vontade de traballar na proposta”

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, mostrouse "moi satisfeito" polo apoio "unánime"...

Máis control no consumo de alcol en menores na Coruña

Axentes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local puxeron en marcha un...

O longo pleno sacou adiante a nova Taxa Turística, a ordenanza das VUT e a de mobilidade sostible

Longo pleno en María Pita. Máis de 9 horas de pleno (cun par de...

Noites do Porto mergullarase máis que nunca no ecosistema coruñés

Acolleu onte o mítico Bristol (na rúa Torreiro), a presentación do diverso festival Noites...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here