InicioECONOMÍACoruña, entre as provincias máis caras para alugar

Coruña, entre as provincias máis caras para alugar

Publicada o

Por editor

O prezo da vivenda de aluguer en Galicia subiu un 3,3% en agosto en comparación co mesmo mes de 2021, segundo Pisos.com. De tal forma, tivo un prezo medio de 5,63 euros por metro cadrado en Galicia, o que representa tamén unha subida, de 0,18%, respecto ao mes de xullo.

Na comparativa interanual, a provincia da Coruña rexistrou a cuarta maior subida do país (+14,3%). Ourense (-9,98%) foi a cuarta provincia que máis caeu do país. O incremento interanual do 3,3% en Galicia é inferior ao avance medio do 5% en España, cun prezo medio de 10,19 euros por metro cadrado.

DATOS ESTATAIS

O director de Estudos de pisos.com, Ferran Font, indicou que se confirma o encarecemento dos alugueres en España. “Ser inquilino hoxe é máis caro que hai un ano en todas as capitais de provincia, excepto en cinco”, engadiu.

O informe mensual de pisos.com mostra que as comunidades máis caras para vivir de aluguer en agosto de 2022 foron Madrid (13,56 euros o metro cadrado); Baleares (12,65 euros) e Cataluña (11,76 euros), mentres que as rendas máis económicas rexistráronse en Castela e León (4,73 euros), Estremadura (5,26 euros) e Castela-A Mancha (5,49 euros).

ÚLTIMAS

A Coruña insta á Xunta a actuar fronte ao mercado tensionado do alugueiro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu á Xunta un marco xurídico sobre o...

A hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

Despois da resposta masiva acadada na concentración convocada pola Hostalería coruñesa realizada diante do...

O Pazo de Meirás declarado Lugar da Memoria Democrática

O Goberno estatal vén de publicar hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) o...

A Escola Coruña de Senegal xa ten paneles solares gracias á ONG Ecodesarrollo Gaia

Emocionante visita a que realizaron entre 18 ao 26 de agosto, un grupo de...